Lugar: | Santa María – Arzúa |
Data: | 1 de febreiro de 2020 |
Este ano 2020 o Día do Apicultor medra en expositores e actividades. Tratarase sobre os problemas sanitarios das abellas, como a Vespa velutina e a varroa, e seguirase co programa de valorizar os nosos meles entregando os premios do Concurso de Mel 5 Estrelas. Tamén haberá eleccións a Directiva de AGA.
Programa:
PALESTRAS. Na polbeira de Santa María.
Ás 10.30 h. Mesa redonda sobre a Vespa velutina. Coordina Xosé Torres, presidente de AGA.
- Visión do control da Vespa velutina dende o ámbito da investigación. Marcos González, director Museo Historia Natural USC
- Novo plan de loita da Xunta de Galicia, por representante Xunta de Galicia
- A loita contra a Vespa velutina no Concello de Carballo, por Isidro Rodríguez, Plaguiber
- Ferramentas dos abelleiros, por José Mª Bello, DAGA Morrazo
Ás 12 h. Entrega diplomas Concurso Mel 5 Estrelas e mesa redonda sobre os meles premiados. Coordina Suso Asorey, voceiro de AGA, e participan Joaquín Lozano, membro do panel de cata e gañadores do concurso.
Ás 13 h. Asemblea xeral de AGA e eleccións directiva.
Ás 16.30 Tratamento da varroa con ácido oxálico. Gonzalo Calvo, veterinario de AGA.
Ás 17 h. Plan Apícola 2020 e laboratorio de AGA. Por Gonzalo Calvo e Joaquín Lozano, veterinarios de AGA.
Ás 17.30 h. Presentación do proxecto Apiturismo en Galicia 2020-2021. Por Paula Souto, técnica de AGA.
ACTIVIDADES PARALELAS
Na nave de Erica e arredores. De 10 a 14 e de 16 a 18 h.
Feira de material apícola. Empresas: Lyson, Polonia; Anel, Grecia; Macmel, Portugal; Apisantos, Portugal; Erica Mel Galicia; Apícola Carballal, Ourense; Angel Romero, Zamora; outros.
Exposición sobre a Vespa velutina e sanidade. Postos informativos e empresas: Sanve, Vel-Zapper, Apiyago, Rucamanqui-Vetopharma, Leona Rehakova, Arpas Eléctricas San Antón, Apícola Regueira e Francisco Domínguez.
No Centro do Queixo e do Mel. De 10 a 14 e de 16 a 18 h.
Exposición sobre apiturismo: fotografías e vídeo sobre o patrimonio tradicional apícola de Galicia
Degustación dos Meles 5 Estrelas. Por Noela Torres, restauradora
Espazo infantil
Na Polbeira de Santa María, de 14 a 16 h.
Xantar abelleiro. Non é necesaria reserva previa, para máis información contactar coa polbeira: tel. 986 58 77 21