Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Día das Diversidades Sexuais 2018

Día das Diversidades Sexuais 2018
Arzúa celebrará de novo o Día das diversidades sexuais

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza varios actos para conmemorar o Día das diversidades sexuais este xoves, día 28 de xuño, co obxectivo de sensibilizar sobre a necesidade de xerar sociedade, apoiando a diversidade e a liberación sexual que non entende de orientación sexual ou identidade de xénero, así como normalizar a comunidade LGTBQI.
As actividades que terán lugar o xoves 28 comezarán ás nove do serán na Capela da Madanela coa lectura dun manifesto en apoio á diversidade e coa actuación musical a cargo de Esquío Ensemble.
Deseguido, ás dez da noite, terá lugar unha sesión de cinema ao aire libre na que se proxectará a película Nove de novembro, a primeira cinta galega e no noso idioma que trata sobre a homosexualidade. Dirixida por Lázaro Louzao, conta a segreda historia de amor entre Roberto e Miguel.
A xornada completarase co reparto de material divulgativo durante as actividades.
Desde o Concello convidan a todos os veciños e veciñas a participar nas distintas actividades.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email