Arzúa é terra do queixo destino verde de Galicia paso dos peregrin@s

CURSO INTENSIVO DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA EN INGLÉS.

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convoca axudas para a realización dun curso intensivo de inmersión lingüística en inglés, que terá lugar en distintos lugares de España en colaboración coa Universidade Menéndez Pelayo, destinadas a estudantes que son becarios da convocatoria xeral de becas.

– A axuda consiste na asistencia a un curso intensivo en inglés organizado pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo, que ten unha duración dunha semana e pode realizarse ao longo do ano 2017. A axuda incluie todos os gastos de manutención, aloxamento e ensinanza, pero – si resultas seleccionado – deberás abonar 100 € para efectuar a reserva.
– Organizarase en grupos de 15 alumnos.
– O contido do curso será exclusivamente oral e será impartido por profesores e auxiliares de conversación.

Podes acceder ás bases da convocatoria para ampliar esta información, coñecer si reúnes todos os requisitos e presentar a tua solicitude a través da páxina web do Ministerio: www.educacion.gob.es pinchando logo en Becas, axudas e subvencións / Becas e axudas para estudar / Idiomas / Axudas para participar en cursos de inmersión en lingua inglesa organizados pola UIMP. Convocatoria 2017.

O prazo de solicitude remata o próximo día 16 de febreiro de 2017.

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp
Share on email
Email
Sede Electrónica
Perfil do Contratante
Portal de Transparencia