Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Curso de Monitor/a de Tempo Libre en Arzúa

Curso de Monitor/a de Tempo Libre en Arzúa

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa que convoca un curso de Monitor de Tempo Libre homologado pola Xunta de Galicia e que comezará no mes de outubro cun total de 200 horas teóricas e 150 prácticas.

O curso desenvolverase nas fins de semana en horario das 9:30 ás 14:00 e das 16:00 ás 19:30 horas comezando o sábado 14 de outubro e prolongándose ata o domingo 4 de febreiro saltando a ponte festiva da Constitución e as fins de semana do Nadal.

A programación de contidos dividirase nos seguintes bloques: psicoloxía, educación e tempo libre, animación e obradoiros, educación ambiental e natureza, educación para a saúde e organización e recursos. Tamén se inclúe o diploma de manipulación de alimentos e o de educación no tempo libre en igualdade.

Este curso vai dirixido a persoas maiores de 18 anos con graduado escolar, graduado en ESO ou equivalente.

O prazo de inscrición estará aberto do 11 de setembro ao 10 de outubro podendo formalizala no Departamento de Cultura ou contactando con “Recursos Galicia”, a escola de tempo libre que xestionará o curso, no teléfono 981 558 374.

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa atópase na Oficina de Cultura e Deportes situada no Edificio Sociocultural María Mariño, na rúa Padre Pardo nº 33, 1º andar.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email