Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

CURSO DE INICIACIÓN Á APICULTURA EN ARZÚA

Curso de iniciación á apicultura en Arzúa

A Asociación Galega de Apicultura AGA organiza un Curso de Iniciación á Apicultura os días 25, 26 e 27 de abril no Centro do Queixo e do Mel en Santa María – Arzúa en colaboración co Museo  O Enredo do Abelleiro.

Este curso forma parte do programa de formación de AGA do 2014, cunha ampla oferta de cursos de iniciación e especialización que se impartirán por toda Galicia durante esta primavera. Os obxectivos principais desta formación son a incorporación de novos abelleiros e abelleiras e a elaboración, diversificación e comercialización de produtos innovadores. Os cursos de iniciación, como o que se impartirá en Arzúa, van dirixidos ás persoas que se queren incorporar ó sector apícola. É significativo nos últimos tempos o aumento do interese na apicultura por parte de xente nova que ven nesta actividade, ademáis dunha forma de contribuir a manter e mellorar a riqueza do noso medioambiente, unha importante alternativa de incorporación ao mercado laboral. O prazo de inscrición acábase de abrir e xa son numerosas as persoas inscritas, socios e socias de AGA e moita xente nova que agardaba con interese esta convocatoria.

CURSO DE INICIACIÓN Á APICULTURA

25, 26 e 27 de abril

Centro do Queixo e do Mel

Santa María – Arzúa (A Coruña)

Duración: 12 horas (3 días)

Horarios: 1º día de 18 a 21 / 2º día de 11 a 14 e de 16 a 19 / 3º Día: de 10 a 14 (Visitas a apiarios).

Prezos: O curso será gratis para socios/as de AGA e cun prezo de 40 € para non socios/as

Inscricións: Data límite 21 de abril. Email: aga@queixoemel.org / Teléfono: 981 508 142

MAIS INFORMACIÓN EN:

www.apiculturagalega.es

Xesús Asorey Tel. 630 069 635

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email