Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Cruz Vermella Arzúa: Información do Sorteo do Ouro

Cruz Vermella Arzúa: Información do Sorteo do Ouro

O pasado xoves tivo lugar en Madrid o sorteo do Ouro de Cruz Vermella.

O primeiro premio de Sorteo do Ouro de Cruz Vermella, celebrado o xoves pasado, correspondeu ao número 25.236 da serie 077, dotado con 3 millóns de € ou o seu contravalor en ouro*.

O segundo premio recaeu no número 88.931 da serie 109, dotado con 1.000.000 € ou o seu contravalor en ouro*.

O terceiro premio correspondeu ao número 99.046 da serie 079 dotado con 500.000 € ou o seu contravalor en ouro*.

Os cuartos premios recaeron nos números 26.245 da serie 047, o 07.392 da serie 119 e o 18.045 da serie 120, cada un deles dotado de 250.000 euros ou o seu contravalor en ouro*.

Os quintos premios corresponderon aos números 94.384 da serie 126, o 10.518 da serie 117 e o 46.575 da serie 038, cada un deles dotado de 100.000 euros ou o seu contravalor en ouro.*

Os números premiados poden consultarse na páxina web www.cruzroja.es/sorteodeoro, no número de teléfono 900 100 014, ou enviando un SMS ao número 215757 (palabra «ORO» espazo número do boleto espazo número de serie). Un dos cuartos premios, tocou na Coruña, o 26.245, polo que queremos transmitir a nosa noraboa aos premiados.

O Sorteo do Ouro de Cruz Vermella, é un dos principais recursos de Cruz Vermella para o desenvolvemento de proxectos sociais nas máis de 600 asembleas locais distribuídas por todo o territorio nacional.

A Asemblea de Arzúa, quere agradecer a todas aquelas persoas e entidades que colaboraron coa merca de boletos para este sorteo, xa que con esta adquisición ademais de buscar a súa propia sorte, axúdase a moitas persoas a través dos diferentes programas que a institución ten en marcha na nosa localidade.

*O prezo do gramo de ouro o día 21 de Xullo de 2021 ao peche do Mercado de Metais Preciosos de Londres era de 49,17 euros/ gramo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email