Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

CRUZ VERMELLA ARZÚA: DÍA MUNDIAL DA RESPOSTA ANTE O VIH E A SIDA

CRUZ VERMELLA ARZÚA: DÍA MUNDIAL DA RESPOSTA ANTE O VIH E A SIDA

“Non é por ti, é por min. Non hai escusas. Usa protección nas túas relacións”

Con motivo do Día Mundial da resposta ante o VIH e a SIDA, Cruz Vermella lanza a campaña “Non é por ti, é por min. Non hai escusas. Usa protección nas túas relacións”

Dende Cruz Vermella Xuventude, ponse en marcha unha campaña de prevención de infeccións de transmisión sexual. Os obxectivos fundamentais que se perseguen con esta iniciativa son, por unha banda mellorar a xestión da saúde das persoas, o seu benestar físico, psíquico e social. Por outra banda preténdense informar e sensibilizar á poboación sobre o VIH e outras enfermidades de transmisión sexual contribuíndo así á mellora da saúde individual e comunitaria.

A poboación xuvenil é o colectivo sobre o que se quere incidir con especial atención. Por iso en Arzúa, realizaranse varias charlas de sensibilización para os estudantes de 3º e 4º da ESO no IES, grazas á colaboración dos voluntarios que participar na posta en marcha de dita campaña.

Coincidindo con esta data, Cruz Vermella quere lembrar a existencia do servizo de Info-Prevención VIH/ITS/TBC, que aporta interactividade e sobre todo máis proximidade ás persoas.

Consta dun teléfono gratuíto, confidencial e anónimo (900 111 000) os sete días da semana sendo o seu horario de luns a venres de 9:00 a 20:00 horas e sábados e domingo de 9:00 a 15:00 horas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email