Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Cruz Vermella Arzúa: Día Internacional das Mulleres

Cruz Vermella Arzúa: Día Internacional das Mulleres
Este 8 de marzo, día Internacional das Mulleres, dende Cruz Vermella queren manifestar o seu compromiso coa igualdade de xénero e os dereitos das mulleres. Un ano máis móstrase o deber de seguir traballando a favor do feminismo e do empoderamento de tódalas mulleres, volvendo a colocar na portada da súa axenda de traballo a palabra feminismo como reivindicación da loita pola equidade.

Desde Cruz Vermella asumen a súa labor e compromiso na educación e sensibilización para evitar as desigualdades por razón de xénero.

O obxectivo que se persegue é realizar accións de sensibilización que contribúan ao abandono de estereotipos e que fomenten a igualdade de xénero así como promover a educación dende a igualdade de valores.

No marco desta campaña, Cruz Vermella realizará ao longo desta semana diferentes actividades en diferentes lugares da xeografía galega, entre eles aquí en Arzúa, onde se procederá a reparto de material divulgativo o mesmo día 8 de marzo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email