Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Cruz Vermella Arzúa: 8 de marzo. Día Internacional da Muller

Un día como hoxe Cruz Vermella segue mostrando o seu interese en seguir traballando para conseguir unha sociedade máis igualitaria implicando nesta tarefa a tódalas persoas que forman parte do noso entorno. O obxectivo é manter o compromiso coa promoción dos dereitos de tódalas mulleres, fomentando a igualdade de xénero e promovendo a educación dende a igualdade de valores.

Este ano con motivo da celebración do día 8 de marzo quérese dar valor ao logros das mulleres e poñer o gran de area dende a institución para axudalas a frear o diálogo interno negativo que fai que as mulleres sempre se cuestionen e dubiden de cada paso que dan.

É por todo isto que o lema da campaña deste ano é o seguinte: “Xúlgate menos, abrázate máis”. Para que sexa a propia muller quen se coide, quen se abrace, para que comece a poñer freo a ese diálogo interno que se dirixe a si mesma.

Dentro desta campaña, Cruz Vermella realizará ao longo desta semana varias actividades de sensibilización por diferentes localidades da provincia, entre eles aquí en Arzúa, onde se procederá a reparto de material divulgativo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email