Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

CRUZ VERMELLA ARZÚA: 1 Decembro – Día Mundial da Resposta ante o VIH e a SIDA – 

CRUZ VERMELLA ARZÚA: 1 Decembro - Día Mundial da Resposta ante o VIH e a SIDA - 

O día 1 de decembro, Día Mundial da Resposta ante o VIH e a SIDA, figura no calendario de Cruz Vermella como unha cita ineludible na que compartir as nosas inquedanzas e expectativas co resto da poboación que , día a día, se atopa inmersa nunha realidade diversa e cambiante da que somos protagonistas.

Por isto  un ano máis Cruz vermella pon en marcha a campaña de sensibilización co lema » Gústome. Quérete moito. Nas túas relacións emprega protección».

Con esta campaña preténdese promover a saúde e previr a infección, incrementando para iso os coñecementos fronte a infección por VIH e outras ETS. Ademais quérese destacar a importancia de adquirir e manter  hábitos saudábeis e evitar condutas de risco xa que o único grupo de risco é o formado por persoas desinformadas que se senten alleas ao VIH e a Sida.

  • No marco desta campaña de sensibilización Cruz Vermella Arzúa  realizará catro charlas no IES de Arzúa  para o alumnado de 3º e 4º da ESO contando coa colaboración dun dos voluntarios  da Asemblea Local de Arzúa, que será o responsable de impartilas.

#DíaMundialSidaCruzRoja #DiaMundialSida

https://www2.cruzroja.es/info-vih  

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email