Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Cruz Vermella: 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres

ARZÚA ‘EVOLUCIONA CARA A IGUALDADE’

No marco do  Día Internacional das Mulleres, Cruz Vermella Xuventude  desenvolverá diversas actividades de sensibilización en distintos lugares da provincia da  Coruña.

Con motivo da conmemoración do día 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres, Cruz Vermella Xuventude pon de manifiesto que aínda queda moito  por facer para erradicar as situacións de desigualdade entre homes e mulleres. “Moitas persoas opinan que xa non é preciso seguir loitando pola igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres. En  canto se traballa o tema un pouco dámonos conta da necesidade de seguir loitando por unha sociedade máis xusta”, sinala Iria Rilo, técnica de Cruz Roja Xuventude na Coruña.

Por isto, a asociación xuvenil pon en marcha a campaña de sensibilización “Evoluciona cara a igualdade” que se desenvolverá o LUNS día 9 de MARZO NA PRAZA DA VILA a partir das 11:30 horas  ademais de nas redes sociais a través do hashtag #evoluciona.

Entre os obxectivos da campaña estarán lograr que nos cuestionemos os roles de xénero tradicionais, eliminando  actitudes sexistas, promovendo relacións de igualdade entre homes e mulleres, así como dar pautas para identificar actuaciones sexistas no noso entorno máis cercano.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email