Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

CONVOCATORIA SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS CULTURA, DEPORTE E EDUCACIÓN 2022

Primeiro. Disposicións xerais
Estas bases teñen por obxecto establecer os criterios e o procedemento para conceder as subvencións municipais, de acordo cos principios de obxectividade, publicidade, libre concorrencia e igualdade, para a realización de actividades que suplan ás atribuídas á competencia municipal; ou que, en xeral, contribúan ao fomento dos intereses xerais ou sectoriais dos veciños do municipio. Rexeranse polo disposto na Ordenanza Xeral de Subvencións do Concello de Arzúa, aprobada inicialmente polo Pleno do Concello en sesión celebrada o día 28 de febreiro de 2005; e cuxa aprobación definitiva e texto da ordenanza foi publicada no BOP nº 95 de data 28 de abril de 2005, pola Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións; R.D. 887/2006 de 21 de xullo e Lei 9/2007 de 13 de xuño de subvencións de Galicia.

Segundo. Obxecto e imputación orzamentaria
Con cargo ás correspondentes dotacións orzamentarias, o obxecto das axudas e subvencións comprenderá para o presente ano 2022:

2.1. Promoción de actividades culturais: actividades como celebracións, homenaxes, exposicións, publicacións, concursos, certames, mostras, excursións, eventos musicais, encontros, conferencias, estudos, e en xeral, calquera actividade de conservación, promoción ou divulgación dos valores culturais, a realizar por asociacións veciñais ou culturais que realicen actividades de carácter cultural, segundo se desprenda dos seus estatutos. Non se subvencionarán a través desta convocatoria a celebración de festas patronais en barrios e parroquias. As subvencións outorgadas por actuacións recollidas neste apartado non poderán superar, na súa totalidade, o crédito inicial da aplicación orzamentaria 334.480.00 do Orzamento Xeral do Concello de Arzúa prorrogado para o ano 2022 (9.900 euros).

2.2. Promoción de activiades deportivas: fomentaranse actividades deportivas abertas á participación cidadá tales como escolas, cursos, competicións, campus deportivos e, en xeral, actividades relacionadas coa promoción do deporte; a realizar por clubes ou outras asociacións que realicen actividades deportivas, segundo se desprenda dos seus estatutos. As subvencións outorgadas por actuacións recollidas neste apartado non poderán superar, na súa totalidade, o crédito inicial da aplicación orzamentaria 341.480.00 do Orzamento Xeral do Concello de Arzúa prorrogado para o ano 2022 (42.000 euros).

2.3. Promoción de actividades educativas: inclúe as actuacións culturais, educativas ou deportivas a realizar polos centros educativos sitos no termo municipal de Arzúa, ben polos propios centros educativos ou ben polas asosiciacións de nais e pais. As subvencións outorgadas por actuacións recollidas neste apartado non poderán superar, na súa totalidade, o crédito inicial da aplicación orzamentaria 326.480.00 do Orzamento Xeral do Concello de Arzúa prorrogado para o ano 2022 (10.800 euros).

Terceiro. Destinatarios
3.1. Poderán concorrer e optar a estas subvencións as entidades, organismos ou asociacións xuridicamente constituídas que cumpran os seguintes requisitos e fins:
1) Carecer de fins de lucro.
2) Estar debidamente inscritos no Rexistro Municipal de Asociacións e Entidades do Concello nos termos previstos no artigo 236, parágrafos 2, 3 e 4 do vixente ROF; ou telo solicitado na data da petición. Este requisito non será esixible para o caso dos Centros de Educación.
3) Non ter débedas co Concello de Arzúa por calquera concepto.
4) As demais obrigas reguladas nos artigos 7 e 8 da Ordenanza Xeral de Subvencións do Concello de Arzúa.
As entidadas ou asociacións só poderán solicitar axuda a través dunha das tres liñas.

Cuarto. Actuacións a subvencionar

4.1. As subvencións e axudas que se outorguen ao abeiro da presente convocatoria, terán como finalidade a realización de actividades culturais, deportivas e educativas.

4.2. Non poderán ser obxecto de axuda ou subvención na correspondente convocatoria as actividades subvencionadas no mesmo exercicio a través doutras convocatorias de subvencións ou plans doutras AAPP así como de axentes privados, cando o importe destos últimos, complementado co outorgado polo Concello, cubra máis do 100% da actividade a realizar. En caso contrario, poderá ser subvencionable e complementado o importe da actividade na contía restante ata chegar ao total do importe da actuación.

Quinto. Prazo de solicitude
A solicitude deberá presentarse a través da sede electrónica do Concello (https://sede.concellodearzua.com/sxc/es/procedimientosytramites/tramites/Solicitudsubvenciones) dende o día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no BOP ata o 15 de outubro de 2022 ás 23:59h.
No caso de solicitudes defectuosas ou incompletas, concederase un prazo de dez días hábiles para a súa corrección ou emenda, arquivándose sen máis trámite, cando non se emenden as deficiencias advertidas no prazo sinalado. Non se terán en conta as solicitudes presentadas fóra dos prazos fixados na convocatoria.

Sexto. Documentación
Xunto coa solicitude os interesados deberán presentar a seguinte documentación:

1) Certificación acreditativa do acordo de solicitude da axuda e do nomeamento de representante para as relacións co Concello neste procedemento (Anexo 1).

2) Memoria explicativa da actividade que se vai a desenvolver (Anexo 2)

3) Orzamento de gastos e ingresos da actividade (Anexo 3)

4) Declaración responsable de que a información inscrita no Rexistro Municipal de Asociacións está actualizada, en caso contrario aportación da documentación das variacións para a actualización da información. (Anexo 4)

5) Autorización para que o Concello acade a información de se a entidade está ao corrente das súas obrigas coa Axencia Tributaria, Seguridade Social, facenda autonómica e co propio Concello de Arzúa. (Anexo 5)

Sétimo. Instrución do procedemento e comisión técnica de valoración

A instrución do procedemento de concesión de subvencións corresponde ao persoal dos servizos administrativos dos departamentos de Cultura, Deportes e Educación. Realizarán de oficio cantas actuacións estimen necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales deberán formularse as propostas de resolución.

Aos efectos previstos no artigo 24 da Lei Xeral de Subvencións, cada órgano instructor emitirá un informe no que se faga constar que da información que obra no seu poder despréndese que os beneficiarios cumpren os requisitos necesarios para acceder ás axudas, así como avaliaráconforme aos criterios de valoración establecidos.

As comisións técnica de valoración das subvencións estarán constituídas polo alcalde-presidente, a/o concelleira/o en materia de Cultura, Deportes e Educación (segundo corresponda) e un/unha traballador/a ou funcionario/a da área determinada nomeado/a polo alcalde-presidente. Dita comisión emitirá informe concretando o resultado da avaliación das solicitudes, motivando o resultado final da valoración.
O órgano instructor formulará proposta de resolución que será notificado aos interesados mediante publicación do acordo mediante anuncio de notificación colectiva , pero poderase prescindir do dito trámite de audiencia cando non figuren no procedemento nin sexan tidos en conta outros feitos nin outras alegacións ou probas que as aducidas polos interesados. Neste caso , a proposta de resolución formulada terá o carácter de definitiva.
Sen embargo si na instrución fosen tidos en conta outros feitos ou datos distintos dos achegados polos/ as interesados/as ou se non se achega toda a documentación requirida para solicitar estas axudas, notificaráselle a estes a proposta de resolución provisional, concedéndoselle un prazo de 10 días hábiles para que presenten as alegacións que estimen pertinentes e/ou a documentación requirida. Á vista das alegacións e/ou documentación presentadas, o órgano instrutor formulará a proposta de resolución definitiva.

Oitavo. Órgano competente e criterios para a concesión de subvencións

8.1. A Xunta de Goberno Local, logo das propostas das Comisións técnicas avaliadoras e informe de intervención; será o órgano competente para a resolución das peticións de axudas.

8.2. Os criterios a ter en conta para a concesión das subvencións serán os seguintes:

A) Número de actividades desenvolvidas ou proxectadas de xeito conxunto entre varias entidades: ata 10 puntos, segundo o seguinte baremo:
De 1 a 3 actividades: 3 puntos
De 4 a 6 actividades: 6 puntos
7 ou máis actividades: 10 puntos

B) Número de posibles beneficiarios directos atendendo ao nº de socios/as da entidade (no caso de entidades culturais e educativas), número total de alumnos/as (no caso dos centros educativos), en canto ás entidades de caracter deportivo valorarase o número de fichas federativas ou número de socios/as (no caso que non necesiten federarse para desenvolver a súa actividade deportiva): ata 10 puntos, segundo o seguinte baremo:

Para entidades culturais, deportivas e educativas:
De 1 a 40 socios/as ou fichas federativas: 3 puntos
De 41 a 90 socios/as ou fichas federativas: 6 puntos
De 91 socios/as ou fichas federativas en diante: 10 puntos

Para centros educativos:
Ata 200 alumnos/as: 3 puntos
De 201 a 250 alumnos/as: 6 puntos
De 251 alumnos/as en diante: 10 puntos

C) Número de actividades propostas (no caso de entidades culturais e educativas): ata 10 puntos, segundo os seguintes baremos:

Para actividades culturais e educativas:
De 1 a 3 actividades: 3 puntos
De 4 a 6 actividades: 6 puntos
7 ou máis actividades: 10 puntos

D) O fomento da participación da muller nas actividades: ata 10 puntos. segundo os seguintes baremos:

Para actividades culturais e educativas (deberase acreditar explicándoo na memoria):
De 1 a 3 actividades nas que se fomente a participación da muller: 3 puntos
De 4 a 6 actividades nas que se fomente a participación da muller: 6 puntos
7 ou máis actividades nas que se fomente a participación da muller: 10 puntos

Para actividades deportivas (nº de fichas federativas en vigor cuxas titulares sexan nenas, rapazas ou mulleres):
De 1 a 10 fichas: 3 puntos
De 11 a 20 fichas: 6 puntos
21 ou máis fichas: 10 puntos

E) No caso das actividades deportivas valorarase o fomento da práctica do deporte en idade temperá (ata 17 anos inclusive), indicando no apartado correspondente da memoria o número de fichas federativas ou socios/as comprendidas na idade citada anteriormente: ata 10 puntos. segundo os seguintes baremos:

De 1 a 40 fichas-socios/as: 3 puntos
De 41 a 90 fichas-socios/as: 6 puntos
De 91 fichas-socios/as en diante: 10 puntos

F) A utilización da lingua galega na realización e na promoción de actividades: 10 puntos. (Deberase acreditar explicándoo na memoria indicando os medios, documentos, accións, etc. nos que se fai uso do galego).

8.3. Posteriormente, logo da revisión da documentación en fase de instrución, avaliación e emisión de informes das Comisións avaliadoras, formúlase a proposta de resolución que é sometida a informe de fiscalización previa da intervención municipal, e elévase pola instrución á Xunta de Goberno Local, que adoptará os acordos que procedan como órgano competente para a concesión das axudas

8.4. O prazo máximo para resolver e notificar as resolucións dos procedementos non poderán exceder os tres meses contados a partir da publicación da convocatoria. O vencemento deste prazo sen notificarse a resolución lexitima ao interesado para entender desestimada a solicitude por silencio administrativo. A falta de notificación da resolución producirá a desestimación e contra a desestimación, expresa ou presunta, poderán formularse os recursos que procedan.

Noveno. Obrigas do beneficiario
Son obrigas do beneficiario as sinaladas no artigo oitavo da Ordenanza Xeral de Subvencións do Concello de Arzúa e que se relacionan deseguido:

1. Cumprir o proxecto ou actividade que fundamenta a concesión da subvención.

2. Xustificar ante o Concello de Arzúa, o cumprimento dos requisitos e condicións, así como a realización da actividade e finalidade que determine a concesión da subvención.

3. Someterse ás actuacións de comprobación e control que sexan debidamente requiridas polos órganos municipais e aqueles nos que ten delegado as funcións de control financeiro ( Deputación Provincial), achegando canta información lle sexa requirida no exercicio destas actuacións e que estean relacionadas coa concesión da subvención.

4. Comunicar ao Concello a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan axiña como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada dos fondos percibidos.

5. Acreditar con anterioridade a ditarse a proposta de resolución que se atopa ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias coa Axencia Tributaria, coa Seguridade Social e coa facenda autonómica. A acreditación de atoparse ao corrente coas obrigas tributarias do Concello de Arzúa efecturase de oficio polo Concello.

6. Dispor dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos esixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable, ou no seu caso, os estados contables que garantan o axeitado exercicio das facultades de comprobación e control.

7. Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en tanto poidan ser obxecto das actuacións de control e comprobación.

8. Deberán dar a axeitada publicidade do carácter público de financiamento de programas, actividades, inversións ou actuacións de calquera tipo que sexan obxecto de subvención, coa expresión “subvenciona o Concello de Arzúa” ou equivalente.

9. Proceder ao reintegro dos fondos públicos percibidos nos supostos contemplados no art. 37 da LXS.

Décimo. Pagamento das subvencións concedidas e xustificación dos gastos

10.1. Rematado o prazo de presentación de solicitudes procederase ao exame e valoración das mesmas mediante a aplicación dos criterios relacionados no artigo oitavo; procedendo a Xunta de Goberno Local á resolución das peticións de axudas.

O outorgamento da subvención, así como a contía a subvencionar, será comunicado aos interesados mediante publicación do acordo (notificación colectiva).O acordo de concesión ou denegación será motivado, quedando constancia no expediente dos fundamentos da resolución que se adopte. As axudas concedidas publicaranse no BOP, Taboleiro de Anuncios do Concello e na web municipal facendo efecto de notificación colectiva en aplicación do artigo 45 da Lei 39/2015 de 1 de Outubro de procedemento administrativo común das administracións públicas.

10.2. O pagamento efectuarse da seguinte maneira:

• 80% da contía a subvencionar dende a notificación do outorgamento da axuda e previa solicitude do interesado.
• 20% unha vez xustificada a subvención, de acordo co disposto nos apartados seguintes:

De conformidade co artigo 24 da Ordenanza Xeral de Subvencións, non se esixirá a previa constitución de garantía para a realización de pagos anticipados, por concorrer circunstancias de precariedade económica das entidades que habitualmente veñen solicitando as axudas, que xustifican a excepción da mesma.

10.3. O importe a xustificar será do 100% do importe da subvención concedida ou importe superior, de constar outras axudas públicas e privadas para a realización da dita actividade (o importe mínimo a xustificar será o total dos importes subvencionados, máis o do compromiso de autofinanciamento).

10.4. A xustificación insuficiente dará lugar á redución proporcional da subvención no importe non xustificado.

10.5. A xustificación da subvención efectuarse a través da Sede Electrónica do Concello, achegando a seguinte documentación:

• Relación clasificada de gastos obxecto da subvención, segundo modelo normalizado nº 6.
• Relación clasificada de ingresos, segúndo modelo normalizado nº 7.
• Facturas comprensivas dos gastos realizados no exercicio da actividade, cos requisitos establecidos pola lexislación do IVE e o Regulamento de Facturación; ou outros documentos de valor probatorio contemplados no Real decreto 1619/2012, e xustificantes de pagamento, que se acreditarán documentalmente mediante xustificante de transferencia bancaria, tarxetas de débito ou crédito, cheque nominativo ou calquera outro que deixe constancia da data de pago e da identidade do perceptor, non se admitirán pagos en metálico, máis que para importes inferiores a 500 €, e sempre que quede acreditado a personalidade do perceptor dos importes pagados en metálico ( DNI ou similar e sinatura na propia factura co selo da empresa proveedora ou entidade de ser posible).
Para o caso de que no desenvolvemento da actividade se satisfagan rendementos de actividades profesionais, deberá acompañarse a factura, ademais de cos requisitos establecidos no regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación, coa acreditación do ingreso dos importes retidos correspondente en concepto de Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, en cumprimento do previsto no artigo 93 do Real decreto 1775/2004, polo que se aproba o Regulamento do imposto sobre a renda das persoas físicas.
As subvencións que teñan por finalidade a realización de actividades que xeren gastos de persoal, xustificaranse por medio de nóminas orixinais, ou fotocopias compulsadas e cargos de recibos de liquidación dos gastos derivados do pagamento da seguridade social, aportando documentación acreditativa da relación de traballadores que xera a obriga de cotizar ( documento TC2). Igualmente deberá aportarse documentación xustificativa do ingreso dos importes retidos á AEAT.

Non se admitirán como xustificantes de gasto:
– As cantidades satisfeitas ao Concello polo uso das instalacións deportivas, culturais ou ocupación de dominio público.
– Os relacionados no parágrafo 2 do artigo 22 da Ordenanza Xeral de Subvención.
– Os gastos en investimento como mobiliario, vehículos, maquinaria, etc.
– Os gastos en bebidas alcohólicas e tabacos.
Os xustificantes de gasto deberán facer mención ás actividades financiadas, e estas coincidirán coas expostas na memoria que se acompañou á solicitude. Neste sentido serán determinantes os conceptos que figuran nas facturas ou documentos xustificativos dos gastos. Só se considerará gasto a subvencionar o efectivamente pagado. Se realizada a actividade e rematado o prazo para xustificar, só se acredita o pago dunha parte dos gastos, aos efectos de perda do dereito ao cobro, aplicarase o principio de proporcionalidade.

• Memoria da actividade subvencionada e copia da publicidade onde apareza o financiamento do Concello mediante o cartel publicitario do evento/actividade coa expresión “subvenciona o Concello de Arzúa” ou expresión equivalente.

Á vista da documentación presentada, o órgano instructor emitirá un informe no que se poñerá de manifesto, no seu caso, que da documentación que obra no seu poder despréndese que se deu cumprimento a finalidade e que se xustifica adecuadamente o gasto realizado.
Se a documentación xustificativa se estima correcta procederase ao pago do 20% restante do importe concedido, logo da notificación ao interesado, ou do 100%, de non ter solicitado o 80% en concepto de anticipo da axuda.
A aprobación da xustificación presentada polos beneficiarios e a ordenación do pago da subvención corresponde ao Alcalde-Presidente, logo do informe de intervención.
O aboamento da subvención farase efectivo por medio de ingreso na conta bancaria da entidade financeira sinalada polo beneficiario na documentación achegada.
Os documentos xustificativos corresponderanse con gastos realizados durante o ano natural do exercicio 2022, ata o límite da data de finalización do prazo de xustificación. O dito prazo rematará o día 30 de novembro de 2022, salvo que por causas debidamente xustificadas se solicitase prórroga e fose concedida. En todo caso, a prórroga deberá solicitarse antes do remate do prazo de xustificación e, en ningún caso, poderá ser obxecto de prórroga un prazo xa vencido.

10.6. Os beneficiarios quedan sometidos á responsabilidade e ao réxime sancionador establecido na Lei Xeral de Subvencións.

Undécimo. Colaboración do beneficiario

O beneficiario está obrigado a facilitar canta información lle sexa requirida polo Concello de Arzúa, polo Consello de contas de Galicia e pola Deputación da Coruña en funcións de control financeiro, someténdose á responsabilidade e ao réxime sancionador establecido na Lei Xeral de Subvencións, e no seu caso, ao disposto no vixente código penal.

Décimo segundo. Control e revogación da subvención

Estarase ao disposto no Título III da ordenanza Xeral de Subvencións do Concello de Arzúa.

Décimo terceiro. Información relativa ao tratamento de protección de datos de carácter persoal.
O presente artigo ten como obxectivo dar cumprimento ao establecido na normativa de protección de datos en canto á información que debe facilitarse ás persoas interesadas.
En virtude diso infórmase:
(a) Ten a condición de responsable do tratamento o Concello de Arzúa.
(b) A finalidade para o tratamento de datos persoais en relación co procedemento de convocatoria de subvencións municipais, de acordo cos principios de obxectividade, publicidade, libre concorrencia e igualdade, para a realización de actividades que suplan ás atribuídas á competencia municipal; ou que, en xeral, contribúan ao fomento dos intereses xerais ou sectoriais dos veciños do municipio tendo como bases de lexitimación xeral as seguintes:
b.1) Estarán lexitimados polo interese público os tratamentos de datos realizados para a xestión do procedemento de selección como a xestión de solicitudes e os actos de instrución.
b.2) Terán como base de lexitimación o cumprimento dunha obrigación legal os seguintes tratamentos en relación coas normas que se citan a continuación:
a) As publicacións realizadas con efectos de notificación de acordo coas normas do procedemento.
b) Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
c) As publicacións realizadas en páxina web do Concello e o taboleiro de anuncios esixibles pola Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno.
(c) Os datos poderán ser comunicados ao ministerio de facenda e da administracións públicas, intervención xeral da administración do estado, axencia estatal de administración tributaria, tesourería xeral da seguridade social, servizo público de emprego estatal, entidades bancarias, no caso de axudas familiares os datos cederanse aos centros escolares do municipio, base de datos nacional de subvencións.
Así mesmo, publicaranse a relación de persoas beneficiarias no portal de transparencia, taboleiro de anuncios da Casa do Concello e na páxina web nos termos que marca a disposición adicional sétima dá Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais. Non se publicarán os datos dos aspirantes que se atopen nunha especial situación de vulnerabilidade, así como aquela información que puidese revelar categorías especiais de datos.
(d) O responsable do tratamento poderá obter aqueles documentos para achegar no procedemento que se achen en poder doutras administracións públicas, salvo que vostede opóñase no apartado “documentación a achegar”.
(e) Así mesmo, aquela información persoal declarada pola persoa interesada e que obre en poder das Administracións Públicas, o responsable poderá efectuar no exercicio das súas competencias as verificacións necesarias para comprobar a exactitude dos datos.
(f) Os datos conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se solicitaron e para determinar as posibles responsabilidades que se puidesen derivar da devandita finalidade e do tratamento dos datos e de conformidade con normativa de arquivos e documentación.
A persoa interesada pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, a limitación do seu tratamento, oposición, portabilidade e non ser sometido a unha decisión baseada exclusivamente no tratamento dos datos persoais a mediante escrito dirixido a Concello de Arzúa con sede na rúa de Santiago, 2, 15810 – Arzúa.
A persoa interesada ten dereito a contactar ou reclamar diante do Delegado de Protección de Datos cuxos datos de contacto son: Ramón Santos Pérez (ramon@nossolucions.es)
Así mesmo, no caso de que entenda vulnerado o seu dereito á protección de datos, a persoa interesada ten dereito a reclamar diante da Axencia Española de Protección de Datos a través dá sede electrónica accesible na páxina web https://www.aepd.es/

DISPOSICIÓN FINAL

Para o non previsto nesta convocatoria será de aplicación a Lei Xeral de Subvencións, Ordenanza Xeral de Subvencións do Concello de Arzúa e Bases de Execución do Orzamento prorrogadas para o exercicio 2022.

DESCARGAS:

BASES EN GALEGO
BASES EN CASTELLANO
FORMULARIOS PARA A SOLICITUDE
FORUMULARIOS PARA A XUSTIFICACIÓN

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email