Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Convocatoria para a mellora de instalacións culturais da Xunta de Galicia

Convocatoria para a mellora de instalacións culturais da Xunta de Galicia

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia abre o prazo de solicitude de subvencións a Concellos de Galicia e entidades para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais. As bases reguladoras para a concesión de axudas foron publicadas no Diario Oficial de Galicia (DOG) número 112 con data 13 de xuño de 2012.

  • As actividades obxecto de subvención serán as seguintes: realización de investimentos de equipamento escénico, iluminación e son, equipamento audiovisual, xeral da sala, sistemas de prevención de seguranza e novas tecnoloxías, así como accións encamiñadas á mellora da accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.
  • Cada entidade beneficiaria poderá recibir unha axuda máxima de ata o 75% do orzamento total da actividade subvencionable. En todo caso, o importe máximo destas subvencións será de 50.000 euros por beneficiario.
  • O prazo para presentar solicitudes remata o 14 de xullo.
  • As bases e instancias están a disposición dos interesados no Departamento de Cultura do Concello, sito na rúa Pai Pardo 33, 1º andar, en horario de 8:30 a 15:00 horas ou na páxina oficial da Xunta (www.xunta.es).
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email