Arzúa é terra do queixo destino verde de Galicia paso dos peregrin@s

Convocatoria de axudas para o fomento de actividades de carácter deportivo e cultural do Concello de Arzúa.

O Concello de Arzúa informa que a Xunta de Goberno Local deste Concello aprobou as bases reguladoras da convocatoria ordinaria de subvencións para o fomento de actividades de carácter deportivo e cultural que ascenden a 54.000 euros. Poden optar a elas as entidades sen ánimo de lucro que estean debidamente inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións e Entidades do Concello de Arzúa. Dita convocatoria saíu publicada no BOP número 146 de hoxe, luns 5 de agosto.
As solicitudes deberanse presentar obrigatoriamente a través da sede electrónica do Concello (sede.arzua.gal) ata o 6 de setembro de 2019.
Ao mesmo tempo, lémbrase que a convocatoria para a solicitude de subvencións para a celebración das festas parroquiais xa está aberta ata o 30 de agosto.
Para máis información, as entidades interesadas poden dirixirse á oficina de Cultura e Deportes sita no Edificio Sociocultural María Mariño, Rúa Padre Pardo, 33, 1º andar.

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp
Share on email
Email
Sede Electrónica
Perfil do Contratante
Portal de Transparencia