Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Convocatoria de axudas para o fomento de actividades de carácter deportivo, cultural e educativo do Concello de Arzúa.

Convocatoria de axudas para o fomento de actividades de carácter deportivo, cultural e educativo do Concello de Arzúa.

O Concello de Arzúa informa que a Xunta de Goberno Local deste Concello aprobou as bases reguladoras da convocatoria ordinaria de subvencións para o fomento de actividades de carácter deportivo, cultural e educativo que ascenden a 44.700 euros. Poden optar a elas as entidades sen ánimo de lucro que estean debidamente inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións e Entidades do Concello de Arzúa. Dita convocatoria saíu publicada no BOP número 86 de onte, martes 9 de maio.

As bases xunto cos impresos de solicitude poderanse consultar e obter no Rexistro Xeral do Concello e na oficina de Cultura e Deportes sita no Edificio Sociocultural María Mariño, Rúa Padre Pardo, 33, 1º andar. Tamén se poden descargar na páxina web arzua.gal.

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello no prazo de 30 días naturais contados dende o día seguinte o da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

FORMULARIOS SUBVENCIÓNS DEPORTES 2017

FORMULARIOS SUBVENCIÓNS CULTURA E EDUCACIÓN 2017

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email