Arzúa é terra do queixo destino verde de Galicia paso dos peregrin@s

CONSELLOS PARA A NOITE DE SAN XOÁN

CONSELLOS PARA A NOITE DE SAN XOÁN

Dado que hoxe se celebra a noite de San Xoán na que se encenden innumerables cacharelas e en prevención dos perxuízos que a persoas e bens públicos ou privados puideran producirse, tendo en conta ademais as condicións climatolóxicas que padecemos nos últimos días, dende o Concello de Arzúa infórmaselle a todos os veciños e veciñas dunha serie de recomendacións que, sen ánimo de coartar o espíritu festivo, deben tomar en consideración:

  • As cacharelas deben situarse en lugares despexados de masas arbóreas e edificacións; nunca sobre vías pavimentadas ou terreos enlousados xa que provocan a degradación e deterioro do solo. É preciso alonxalas de lugares onde se almacenen produtos inflamables e, dende logo, evitar a súa ubicación debaixo de tendidos eléctricos ou telefónicos.
  • A fogueira debe ter unhas dimensións razonables. No casco urbano non debe ter unha altura superior a un metro e non máis de seis metros de diámetro.
  • Queda totalmente prohibida a queima de neumáticos, plásticos, escumas de poliuretano, aceites e, en xeral, calquera substancia que desprenda fume tóxico ao arder. Seguridade e coidado do medio ambiente, ante todo.
  • É preciso ter á man algún sistema de extinción (mangueiras, extintores ou mecanismos de bombeo) con capacidade suficiente para limitar o alcance das lapas ou, para apagar a cacharela de forma inmediata diante de calquera emerxencia.
  • Ao rematar a cacharela e antes de abandonar o lugar, deben coidar de que o pavimento quede no mesmo estado que se encontraba antes de comezar o lume e asegúrense de que non quede ningún rescoldo aceso. Eviten así que a Noite de San Xoán se prolongue máis do esperado.

 

O Concello de Arzúa agradece a colaboración de todos os veciños e veciñas co fin de que a Festa do San Xoán transcurra nun ambiente de sana e pacífica convivencia cidadá.

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp
Share on email
Email
Sede Electrónica
Perfil do Contratante
Portal de Transparencia