Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Comeza unha nova edición do programa Camiños do Coñecemento e Experiencia en Arzúa

O Concello de Arzúa, a través da área de Benestar Social, e en colaboración co IV Ciclo da Universidade de Santiago de Compostela ofrecerán neste mes de abril unha segunda edición do programa Camiños do Coñecemento e Experiencia, un proxecto de democratización do coñecemento no que participarán unha vintena de veciños e veciñas do municipio.
A iniciativa que conta cunha parte teórica e outra práctica desenvolverase dende mañá mesmo na Capela da Madanela de Arzúa e versará, maiormente, sobre a historia, a cultura e a música galega xunto coa astronomía.
A primeira das xornadas terá lugar no día de mañá, 4 de abril, será na Capela da Madanela entre as 17 e as 18.30 horas. A profesora da Facultade de Ciencias da Educación da USC, Laura Touriñán Morandeira, ofrecerá unha charla sobre a música galega.
Ao día seguinte, xoves 5 de abril, no mesmo horario haberá unha charla sobe a Historia da cultura de Galicia, a ponente será a profesora Mercedes López Mayán-Navarrete, da Facultade de Xeografía e Historia.
O venres, 6 de abril, os participantes neste proxecto desfrutarán dunha visita ao Arquivo da Catedral de Santiago. Nos días seguintes terán lugar as xornadas relativas á astronomía da man do profesor Pedro Pablo Campo Díaz, da Facultade de Matemáticas da USC.
Con esta iniciativa, explicaba esta mañá Aurora Varela, Concelleira de Benestar Social e Igualdade do Concello de Arzúa, “queremos ofrecer aos nosos veciños e veciñas a posibilidade de participar nun proxecto que axuda a revalorizar o noso patrimonio ao tempo que nos conciencia sobre a presenza da ciencia no noso día a día”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email