Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Clausura do curso 2018-2019 da Escola dos Maiores da Aula de Educación de Adultos Municipal

Cun xantar de fraternidade rematou a ESCOLA DOS MAIORES, un programa dirixido aos maiores de 60 anos do Concello de Arzúa e que se vén desenvolvendo de xeito ininterrumpido dende os últimos 19 anos.
Este programa cuxos obxectivos principais son promover a socialización e as relacións interpersoais, fomentar a actividade e reforzar a autoestima coa finalidade de evitar o aillamento social e mellorar o seu benestar, tanto físico como emocional, está estruturado de xeito que os alumnos adiquen un tempo a traballar as EBI (Ensinanzas Básicas Iniciais) isto é, lectura, escritura e cálculo, a ATENCIÓN e MEMORIA a través de programas especialmente deseñados para este fin e as MANUALIDADES, actividades todas elas que melloran a estimulación cognitiva, a psico-motricidade e fomentan a socialización.

Chegados os postres o alumnado agasallou ao seu profesor, Luís Vázquez García cun fermoso detalle, que en palabras dos alumnos é “en agradecemento a súa adicación e cariño con que nos trata”.

Pola súa parte, Luís Vázquez felicitounos a todos eles polo esforzo, entusiasmo e adicación que poñían nas clases ao tempo que lle facía entrega dos traballos realizados neste último trimestre finalizando o acto cunhas palabras de Charles Dickens na que os invitaba a repetir como alumnos no vindeiro curso académico 2019/20 que dará comezo no vindeiro mes de setembro: “A dor da despedida non é nada comparada coa ledicia de reunirse de novo”

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email