Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Ciclo de música na rúa «En aberto»

Ciclo de música na rúa "En aberto"

Arzúa ofrecerá música a pé de rúa para amenizar o verán

 

O concello recupera o ciclo de música na rúa ‘En aberto’ con catro concertos ao aire libre

 

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa pon en marcha a segunda edición do programa de concertos ao aire libre que encherá de música e cultura a Praza de Galiza durante o mes de agosto dentro da programación que o servizo municipal ten preparado para este verán.

Os días escollidos para levar a cabo os recitais musicais son os catro primeiros xoves do mes de agosto por ser un dos días da semana no que máis peregrinos pasan por Arzúa e por ser próximo á fin de semana e, deste modo, os propios veciños e veciñas poidan desfrutalos ao non coincidir coa maioría das festas e outros actos típicos do verán.

A primeira proposta musical, que iniciará este programa este xoves, día 3 de agosto, virá da man de “Tiberevi”. Trátase dun dúo de acordeón diatónico formado por Xabier e Beatriz Blanco que presenta o seu primeiro traballo discográfico “Mentras as baleas dormen”. Sete temas como O blues da lus, Olas de alas, Mar de plástico ou Nómada amosan o seu dominio deste instrumento e presentan melodías envolventes e contemporáneas con base popular.

O xoves 10 a quenda é para o cantante e compositor galego Hugo Torreiro que, despois do seu paso por programas televisivos como Luar e La Voz, presentará en Arzúa o seu novo disco titulado “Vuelvo a las andadas”.

A formación arzúa de pandereteiras “As Bringuelas” poñerá o toque máis tradicional o xoves 17 cun concerto que representará a nosa música local e de raíz.

Por último, o xoves 24 de agosto, pechará o ciclo de música na rúa ‘En aberto’ o grupo “SonBoleros”, un cuarteto formado por contrabaixo, voz, piano e percusión cunha liña moi elegante. Cunha longa traxectoria profesional, propoñen un repertorio que inclúe boleros, sones e tangos de todos os tempos.

Todos os concertos serán ás nove da noite, gratuítos e celebraranse na Praza de Galiza ou no Multiusos Terra do Queixo, en caso de mal tempo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email