Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

CAMPAMENTOS PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE

A Consellería de Traballo e Benestar convocan os CAMPAMENTOS DE VERÁN DE OCIO E TEMPO LIBRE PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE para o ano 2014.

Poden ser beneficiarios destas axudas aquelas persoas con discapacidade que teñan unha idade comprendida entre os 11 e os 40 anos de idade e que reunan os seguintes requisitos:
* Ter recoñecida unha discapacidade cunha porcentaxe igual ou superior ao 33%.
* Estar empadroado nalgún concello de Galicia.
* Non presentar trastornos que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da actividade.
* Ter unha capacidade mínima de comunicación e de participación nas actividades que se van desenvolver.
* Ter unha mobilidade acorde coas características da instalación que solicita.

Este programa desenrólase en Albergues e Campamentos Xuvenís de Galicia.

Para máis información pódense dirixir os SERVIZOS SOCIAS do Concello de Arzúa, previa cita, antes do día 20 de xuño de 2014.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email