Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Cabalgata de Reis 2013

Cabalgata de Reis 2013

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa que a esperada Cabalgata de Reis, dentro da programación de Nadal, sairá este sábado día 5 de xaneiro ás cinco e media da tarde.

Este ano o desfile contará con tres carrozas decoradas con adornos propios do Nadal e totalmente iluminadas con microbombillas LED para os Reis e os seus paxes reais. Ademais, como en anos anteriores, abrirán o paso os paxes a cabalo grazas á colaboración da agrupación de Amigos do Cabalo “O Estribo” que conducirán o desfile ata rematar no Recinto Feiral “Terra do Queixo” coa recepción e o reparto de agasallos. As Súas Maxestades traerán moreas de caramelos sen gluten e feixes de libros para seguir fomentando en Arzúa a lectura e o uso da nosa lingua.

O percorrido marcado polo Departamento de Cultura para a Cabalgata sairá dende a Casa da Cultura e pasará polas seguintes rúas: Rúa de Santiago, Praza de Galiza, Avenida de Lugo, Fraga do Rei, Ramón Franco, Xosé Neira Vilas, Praza de San Xoan  e dará media volta para pasar de novo polas rúas Xosé Neira Vilas e Ramón Franco para dirixirse ao Recinto Feiral “Terra do Queixo” pola Padre Pardo.

A Concelleira de Cultura, Natalia Pereira, anima a todos os veciños a participar no que definiu como “un dos actos culturais máis importantes do ano polo que o Concello de Arzúa segue apostando fortemente sen recurtar en ilusión”. Ademais, aveciña que “a Cabalgata deste ano será un gran impulso para a dinamización de Arzúa por coincidir fin de semana e porque anuncian boas condicións climatolóxicas”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email