Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Bases do Concurso de decoración de stands Arzúa Ecolóxica 2016

PREGO DE CLAUSULAS ADMINITRATIVAS

PREGO DE PRESCRICIÓNS TÉCNICAS

ANUNCIO DOG Nº 214 DE 10 DE NOVEMBRO DE 2016

ANUNCIO BOP Nº 213 DE 10 DE NOVEMBRO DE 2016
ARZÚA ECOLÓXICA 2016

BASES DO CONCURSO DE DECORACIÓN DE STANDS

Con motivo da celebración da 13ª Feira Ecolóxica que terá lugar en Arzúa os días 26 e 27 de novembro no Recinto Feiral “Terra do Queixo”,
o Concello de Arzúa convoca un concurso de decoración dos stands para os expositores presentes na feira de acordo coas seguintes bases:

PRIMEIRA: Poderán participar todos os expositores que se inscriban para participar na feira para a venda e exposición de produtos ecolóxicos.

A inscrición debe facerse antes do día 18 de novembro mediante unha solicitude enviada ao enderezo electrónico info@arzuaecoloxica.com ou ben chamando ao número de teléfono:981815296.

SEGUNDA: Establecerase un único premio de 150 euros.

TERCEIRA: A cualificación para a determinación do premio será determinada polo xurado do concurso que estará composto por dous representantes nomeados pola Concellería de Sensibilización Medioambiental do Concello de Arzúa.

CUARTA: O xurado valorará:

  • A vistosidade de cada un dos stands.
  • A calidade dos materiais empregados na decoración e o emprego da reciclaxe creativa.
  • Que a decoración responsa aos principios básicos da ecoloxía: reciclar,
    reutilizar e reducir (todo aquel material que poida ter unha segunda vida será un bo candidato como materia prima).
  • A creatividade e atractivo de cada stand. O bo gusto e a creación dun espazo acolledor,
    funcional e bonito serán determinantes para a valoración.

SEXTA: A entrega do premio terá lugar o domingo, 27 de novembro, unha vez feita a avaliación polo xurado.

SÉTIMA: A participación no concurso supón a aceptación destas bases, sendo a decisión do xurado inapelable.

O presente premio será outorgado con cargo á partida orzamentaria 4311.48002 do vixente orzamento.

Arzúa, a 9 de novembro de 2016

 

 

José Luís García López

Alcalde do Concello de Arzúa

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email