Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

BASES DO CONCURSO DE CARTEIS ANUNCIADORES DA 47ª FESTA DO QUEIXO 2022

BASES DO CONCURSO DE CARTEIS ANUNCIADORES DA 47ª FESTA DO QUEIXO 2022

1º- O orixinal deberá medir entre 30×40 cm e 70×100 cm. Cada autor/a poderá participar cun máximo de 3 traballos, con material e técnica libres, manual, mecánica ou dixital, sempre que estes sexan orixinais. Recoméndase presentar o traballo sobre soporte ríxido de cartón pluma ou similar e con sistema para colgar.

2º- A obra debe presentarse impresa, sen sinatura de autor/a, que limitará a súa identificación a un lema ou ao título da peza. Debe acompañarse dun sobre pechado coa obra en formato dixital -CD/USB-, unha breve explicación, e os seguintes datos: nome e apelidos, D.N.I., idade, profesión, enderezo, teléfono e correo electrónico.

3º- O xurado estará composto por persoas relacionadas cos aspectos culturais, musicais e gastronómicos da festa e valorará especialmente: a creatividade do arte final, o impacto visual e a relación coa filosofía do evento. Terá en conta a versatilidade e potencialidade para crear futuras aplicacións gráficas (nas que se engadirá en texto o programa do Festival do Queixo e outros ítems). Os queixos que formen parte da imaxe -no seu caso- deberán respectar a morfoloxía lenticular do queixo D.O.P. Arzúa-Ulloa. Deberá figurar o texto “47ª FESTA DO QUEIXO. Arzúa. 4, 5 e 6 de marzo de 2022”. No caso de empregar algunha imaxe ou marca que non sexa propiedade do autor/a, deberase xustificar a compra dos dereitos (excluiranse de concurso as obras con imaxes procedentes de internet protexidas por dereitos de autor).

4º- PRAZO: os orixinais deberán recibirse antes do venres 10 de decembro de 2021 ás 14h., na Oficina da Concellaría de Cultura do Concello de Arzúa -Rúa Pai Pardo 33, 1º. 15810 Arzúa- (Edif. Sociocultural María Mariño, a carón de Radio Arzúa e Biblioteca Municipal).

5º- A elección dos premiados realizarase na Capela da Madanela de Arzúa, o luns 20 de decembro de 2021 ás 14h.mediante valoración dun xurado cualificado designado polo Concello, agás a do 4º premio, que será elixido por votación popular o venres 17 de decembro, de 12 a 14h e de 18:30 a 20:30h. Dita votación realizarase tamén na Capela da Madanela podendo presencialmete cada persoa emitir un voto que se corresponderá co número do seu cartel favorito. Poderán participar persoas de calquera idade e nacionalidade e a votación será anónima. O sobre co gañador deste 4º premio permanecerá pechado ata o luns 20, para entrar tamén na votación final do xurado.

6º- Todas as pezas estarán expostas na Capela de Madanela do 20 ao 23 de decembro de 2021 e os días 3 e 4 de xaneiro de 2022 (de 18:30 a 20:30h), así como nas datas da festa. A obra elixida como 1º premio será o cartel anunciador da 47ª edición. Os premios serán aboados mediante transferencia bancaria e a entrega simbólica dos mesmos terá lugar no acto inaugural da 47ª Festa do Queixo, o sábado 5 de marzo de 2022.

7º- Os 4 orixinais premiados e os seus dereitos de imaxe pasarán a ser propiedade do Concello de Arzúa, que poderá reproducilos, modificalos e aplicalos a distintos formatos e soportes sen autorización do/a autor/a. Os orixinais non premiados poderán recollerse na Concellaría de Cultura ata 60 días despois da festa. Cada gañador só pode levar un único premio, no caso de pertencer ao mesmo autor/a varias pezas premiadas, o premio pasa ao seguinte cartel con maior nº de puntos.

8º- PREMIOS:

1º premio: 600 €
2º premio: 300 €
3º premio: 100 €
4º premio (votación popular): agasallo especial

9º- A Organización resérvase o dereito a deixar baleiros os premios, así como a rexeitar para concurso calquera peza que considere, ou que non se axuste ás presentes bases. A participación no concurso supón a aceptación destas bases, sendo a decisión do xurado inapelable.
Os presentes premios serán outorgados con cargo á partida orzamentaria 334.480.02 do vixente orzamento, ata o límite de 1.000 euros.
Os premios levarán consigo a retención en concepto de IRPF, que resulte da aplicación segundo as normas contidas na normativa reguladora do imposto.

BASES EN GALEGO

BASES EN CASTELLANO

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email