Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2015

Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Arzúa.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca axudas para actividades de formación para a mellora na competencia no uso da lingua inglesas.
O período de realización destas actividades comprenderá desde a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto de 2015.

Requisitos

Estar cursando 1º, 2º, 3º ou 4º de educación secundaria obrigatoria ou 1º ou 2º de bacharelato.
Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2013 / 2014.
Ter acabado no curso 2013/2014 e na área ou materia de lingua inglesa, unha cualificación mínima de Ben no 6º curso de educación primaria para o alumnado de 1º de ESO, e de 6 para o de 2º, 3º e 4º curso de ESO e de bacharelato.
Estar en posesión do documento nacional de identidade.

Contías das axudas

A contía da axuda para cada beneficiario/a será a resultante de aplicar a diferencia entre o custo total da estadía para a que resultase seleccionado e a achega que lle corresponda segundo os custos correspondentes aos grupos de achega familiar sinados no anexo IV, e de acordo co procedemento aplicado para a súa selección e asignación a un grupo de achega familiar, indicado no anexo V.

Prazo de presentación

Aberto ata o 16 de abril de 2015.

Información

Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Arzúa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email