Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Axudas a entidades para actividades e investimentos de promoción económica

Poderán optar aos programas contidos na presente convocatoria as entidades que cumpran os seguintes requisitos:

– Estar legalmente constituídas.
– Carecer de fins de lucro.
– Desenvolver as súas actividades no ámbito territorial da provincia ou sobre temas de interese para a provincia.
– Non estar incursa en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas.
– Estar ao día nas súas obrigas tributarias ca Axencia Tributaria, coa Seguridade Social e coa Deputación.

No suposto de adquisición, construción, rehabilitación e mellora de bens inventariables fíxase un período de destino dos bens para o fin concreto para o que se concedeu a subvención, que será dun mínimo de cinco anos.

As peticións referidas a Promoción Económica, tamén as poderán solicitar as comunicades veciñais, aínda que non estean legalmente constituídos sempre que carezan de fins de lucro e que realicen AS ACTIVIDADES OU AS OBRAS, CA EXCEPCIÓN DA ADQUISICIÓN DE BENS MOBLES E INMOBLES. na provincia da Coruña.

3.- CONDICIÓNS.

As entidades poderán presentar unha única solicitude, para actividade ou investimento para todos os programas do Servizo de Fomento.

A Deputación poderá conceder ata un máximo de 30.000.- euros, e un mínimo de 600.-euros.

Con carácter xeral o importe da subvención solicitada será entre o 20% e o 70% do presuposto calculado de gastos.

As entidades beneficiarias das subvencións quedan obrigadas a facer constar a colaboración da Deputación en toda a información (impresa, informática e audiovisual) que se faga das actividades ou investimentos subvencionados e na súa páxina web.

No suposto de rehabilitación e mellora de bens inventariables (adros, fontes, muiños, cruceiros), os beneficiarios quedan obrigados a establecer un réximen de visitas e de acceso ao público.

4.- DOCUMENTACIÓN.

As solicitudes formularanse nos modelos normalizados que se facilitarán no Rexistro Xeral da Deputación, na Sección de Promoción Económica ou na páxina web de Deputación: www.dicoruna.es

Achegarase tamén a seguinte documentación:

4.1.- DOCUMENTACIÓN XERAL DA ENTIDADE

A.- Fotocopia compulsada da tarxeta do CIF da entidade e do NIF do representante.

Para máis información dirixirse a oficina da axente de emprego e desenvolvemento local de Arzúa.

CONVOCATORIA PUBLICADO NO BOP ó día 20/02/2012

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email