Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Aula de Teatro Municipal «Ánxel Casal»: Actuación de fin de curso

Aula de Teatro Municipal "Ánxel Casal": Actuación de fin de curso

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa que o vindeiro venres día 29 de xuño terá lugar na Casa da Cultura a actuación de fin de curso da Aula de Teatro Municipal «Ánxel Casal».

Este curso de teatro desenvólvese durante todo o curso escolar e, neste ano, acolleu a unha quincena de alumnos e alumnas no grupo de nenos e nenas e dez pupilas no de maiores.

A través da aula de teatro municipal, o Concello de Arzúa pretende, dunha maneira totalmente gratuíta, que os participantes se relacionen, convivan, compartan e aprendan practicando esta disciplina artística.

A pesar de que este grupo xa participou no programación cultural de Arzúa ao longo do ano con actuacións como a do Festival de Nadal, afronta esta importante actuación na que amosarán dúas pezas teatrais: por un lado os rapaces con

Unha de contos e por outro os maiores coa obra O estrano velorio. Ámbalas dúas escenificacións poderanse desfrutar a partires das oito da tarde o día 29 de xuño.

A Concelleira de Cultura, Natalia Pereira Rey, no nome do departamento que dirixe e da aula de teatro municipal, convida a todos os veciños e veciñas a «achegarse a pasar un bo rato desfrutando do teatro e a apoiar aos artistas da nosa vila» ademais indica que entre todos e todas debemos «valorar e dárlle sentido á forte aposta que o Concello fai polo teatro mantendo o servizo durante todo un ano totalmente de balde para os que participan». A concelleira aproveita a ocasión para animar á xente a que se inscriba o vindeiro curso que dará comezo en outrubro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email