Arzúa é terra do queixo destino verde de Galicia paso dos peregrin@s

Arzúa xa disfruta das actuacións realizadas grazas ao Plan Marco da Xunta de Galicia

Bases

LISTA PROVISIONAL (publicada na pax. web o día 3 de outubro de 2016)

LISTA DEFINITIVA (publicada na pax. web o día 14 de outubro de 2016)
programacion-novembro2016-concello-de-arzua

CONCELLO DE ARZÚA. NOVEMBRO 2016

PROGRAMA ‘VEN ÁS FEIRAS DO 8 E 22’

Martes 8. Animación de rúa co espectáculo itinerante “Unha de medo” a partires das 12:00h polo Multiusos Terra do Queixo e rúas.

 

DÍA DO NEN@ (Actividades para os centros educativos)

Luns 21. BAOBAB TEATRO con “Contos para un caldiño”

Martes 22. OS QUINQUILLÁNS con “Espantallo amigo”

Mércores 23. A TROPA DE TRAPO con “O ritmo do Camiño”

Xoves 24. THE LOLLIPOPS & PIANO cun concerto de música vocal

As actuacións serán ás 11:30 horas na Casa da Cultura

 

MÚSICA: CONCERTO DE SANTA CECILIA “HOMENAXE A XOSÉ CES LORENZO,
CHE”

Sábado 19. Actuación especial da BANDA DE MÚSICA DE ARZÚA (con antigos compoñentes) ás 20:00 horas no Multiusos Terra do Queixo.

 

FEIRA ECOLÓXICA DE ARZÚA

Sábado 26 e domingo 27. Máis información nos programas de man e na web www.arzuaecoloxica.com

 
cartel_arzua_cerca

Os veciños e veciñas de Arzúa  xa desfrutan das obras e actuacións que o goberno municipal acometeu  cos máis de 100.000 euros que lle corresponderon dentro do Plan Marco de Mellora de Camiños Municipais de acceso a Explotacións Agrarias que promoveu  a Consellería do Medio Rural.

As actuacións que se acometeron con cargo a este plan permitiron o acondicionamento e mellora de diversos viais en diferentes parroquias do término municipal. Investíronse un total de 127.103, 23 euros nos seguintes lugares: na pista que vai do Viso (Santa María) a Tras Igrexa (Rendal),un camiño en Cortobe (Burres); a pista que vai do Pique á Ponte Lema e outros dous viais, un que atravesa o núcleo de Lema e un segundo na parroquia de Dodro.

As actuacións acometidas responderon aos criterios establecidos nas bases achegadas dende a Consellería do Medio Rural, debendo tratarse de actuacións  que incidan en camiños de titularidade municipal que faciliten o acceso, cando menos, a unha parcela integrante dunha explotación agrícola. Con esta medida, procúrase a mellora da rede viaria existente no medio rural para facilitar a accesibilidade ás explotacións agrarias e con isto contribuir á mellora dos resultados económicos das explotacións e facilitar así a súa reestructuración e modernización.

O alcalde de Arzúa, José Luis García, agradeceu á Consellería de Medio Rural  a aposta por este tipo de iniciativas que axudan a darlle vida ao rural e que apostan pola mellora dos servizos e prestacións das persoas que teñen nos núcleos rurais o seu sustento de vida e o das súas familias.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email