Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

ARZÚA VIVA 2021

ARZÚA VIVA 2021
O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa, dirixido pola concelleira Aurora Varela, dá a coñecer o programa de actividades para unha nova edición de Arzúa Viva, incluída na programación cultural de verán.
A Praza de Galiza acollerá o domingo 25 de xullo a decimocuarta edición con actividades de lecer e varios obradoiros de cultura urbana durante toda a tarde para público infantil e para a mocidade.
Ás cinco da tarde dará comezo o evento no que haberá unha zona de obradoiros con inscrición previa e outra zona de xogo libre.
Os obradoiros que se van levar a cabo, todos de temática de cultura urbana, son de Cap paint (pintado de gorras) e de Danza urbana, ambos ás cinco da tarde para participantes a partir dos 8 anos cumpridos no momento da inscrición. Tamén haberá un obradoiro de Graffiti ás sete da tarde e para participar deberase ter un mínimo de 10 anos.
Para estas tres actividades será necesaria inscrición previa no teléfono 981500222 do 15 ao 21 de xullo en horario de 9:00 a 14:00h. A participación nas mesmas é de balde e as prazas limitadas.
Por outra banda, haberá unha zona de xogo libre que contará con inchables de salto, unha diana xigante e unha portería de precisión, entre outras propostas.
A xornada rematará ás oito do serán cunha exhibición de Danza Urbana a cargo da Asociación Cultural Vella Escola.
Durante as actividades cumpriranse os protocolos vixentes fronte á Covid-19. En caso de mal tempo, as actividades celebraranse no Multiusos Terra do Queixo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email