Arzúa é terra do queixo destino verde de Galicia paso dos peregrin@s

Arzúa Viva 2014

ARZÚA VIVA 2014

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza para este domingo, día 27 de xullo, unha nova edición de Arzúa Viva, en concreto será o sétimo ano consecutivo que se leve a cabo esta festa que pretende ser unha alternativa de ocio diferente durante o verán especialmente dirixida aos máis novos.

Este ano, como de costume, as actividades levaranse a cabo pola tarde, das 17:00 ás 20:00 horas do citado día. A Praza de Galiza contará con varias actividades como inchables, pista multiobstáculos, rocódromo, touro mecánico, rolo, palomiteira de balde e un conxunto de xogos de habilidade feitos con material de refugallo.

A festa contará tamén coa actuación de Kote Malabar ás seis e media co espectáculo chamado ‘Cirkote’ no que combina teatro, circo, malabares e humor mediante técnicas de circo, clown e teatro cómico e de participación para todos os públicos.

Todas as actividades son de acceso libre e gratuítas.

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp
Share on email
Email
Sede Electrónica
Perfil do Contratante
Portal de Transparencia