Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Arzúa Viva 2012

Arzúa Viva 2012

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza para o domingo día 29 de xullo unha nova edición de Arzúa Viva, unha festa que pretende ser unha alternativa de ocio diferente e fresca durante o verán especialmente dirixida aos máis novos.

PROGRAMACIÓN:

17:00 – 20:00   Actividades gratuítas: inchables, touro mecánico, xogos multimedia, discoteca móbil e karaoke.

17:00   Obradoiro de coctelería sen alcol no que os interesados aprenderán a elaborar saborosas bebidas refrescantes e saudables.

18:00   Obradoiro de iniciación a DJ empregando varias mesas de mezclas e outros aparellos de son profesionais cos que, ao finalizar o taller, os participantes poñerán música a toda a festa.

* Nota: Estes obradoiros son limitados a vinte prazas que se irán cubrindo por orde de inscrición, teñen a duración dunha hora e van dirixidos a mozos e mozas a partires de doce anos. É obrigatoria a inscrición previa achegándose persoalmente ao Departamento de Cultura ou chamando ao seu número de teléfono: 981 500 222.

18:00   Actuación do paiaso malabarista Peter Punk que presentará en Arzúa o seu novo espectáculo A Chungatrona. O recoñecido e premiado artista preséntase nesta ocasión no seu novo e gran pequeno vehículo. Participando activamente co seu público, pedaleando coma un tolo, comendo globos e xogando coma un neno que se nega a crecer. Peter Punk presenta un final sorprendente no que coñeceremos o seu último xoguete, a Chungatrona! Unha máquina que fará as delicias de nenas e nenos de cero a cen anos. http://www.culturactiva.org/espectaculo.php?id=4

19:15   A edición 2012 de Arzúa Viva completarase coa Festa da escuma.

Todas as actividades serán na praza ou, en caso de mal tempo, no Recinto Feiral Terra do Queixo.

Dende a Concellería de Cultura e Mocidade, Natalia Pereira Rey, convida a “todos os nenos e mozos de idade e de espírtu a participar nestas actividades que, de seguro animarán unha tarde especial”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email