Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Arzúa súmase á conmemoración do Día da diversidade sexual.

Arzúa súmase á conmemoración do Día da diversidade sexual.

Arzúa, 11 de xuño de 2020. Desde o Departamento de Cultura do Concello de Arzúa, con motivo da conmemoración o 28 de xuño do Día da diversidade sexual, en colaboración coa Deputación da Coruña, impúlsase unha campaña de sensibilización para visibilizar a igualdade das persoas independentemente da súa orientación sexual e identidade de xénero. Co fin de normalizar e sensibilizar á sociedade sobre as diversidades sexuais, este ano dáselle continuidade á Campaña «Liberdade de ser e sentir!» na que participan 54 concellos da provincia, entre eles Arzúa.

Por unha banda, dende a Deputación Provincial están a organizar unhas serie de actividades que se desenvolven dun xeito diferente por mor, loxicamente, da situación sanitaria que estamos a vivir. Neste ano todas as actividades que se levan a cabo son en formato dixital, as cales están dispoñibles desde o pasado luns, 8 de xuño, na web www.seresentir.gal. As propostas son as seguintes: palestras, entrevistas virtuais relacionadas coa diversidade sexual tratadas desde diferentes ámbitos sociais, contacontos e difusión dunha serie web sobre educación sexual para adolescentes, ademais doutros recursos e contidos.

Por outra banda, o Concello de Arzúa reforzará esta iniciativa cunha actividade que se levará o cabo o vindeiro 3 de xullo dentro da programación cultural de verán que se dará a coñecer nos próximos días.

As actividades compleméntanse cun plan de comunicación e difusión para dar a coñecer a campaña máis sobre todo, para facer que o conxunto das veciñas e veciños participen activamente xerando unha sociedade máis tolerante e igualitaria.

Desde o Concello convidan a todos os veciños e veciñas a participar nas distintas actividades así como a dar difusión a esta campaña empregando o cancelo #seresentir nas redes sociais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email