Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Arzúa renova a Rota da Fervenza das Hortas

Arzúa renova a Rota da Fervenza das Hortas
O bipartito local destinou 50.000 euros ao acondicionamento dun sendeiro que percorre algúns do recunchos máis fermosos do municipio.

O Roteiro da Fervenza das Hortas é un dos maiores patrimonios inmateriais do concello de Arzúa, un percorrido ao longo dos seus 21 kms ofrece ao camiñante a beleza incomparable da natureza en estado puro. A concellería de Turismo, que dirixe a edil socialista, Begoña Balado, leva traballando nos últimos meses no acondicionamento do roteiro que xa nestes días de Semana Santa pon a disposición de todos os visitantes un sendeiro con todas as garantías de seguridade e que permite desfrutar dunha paisaxe de beleza sen igual.

O Roteiro da Fervenza das Hortas (PR-G 169) é o único do municipio que está homologado pola Federación Galega de Montañismo. Conta con esta distinción dende o ano 2015 ao lograr cumprir dende aquela coa normativa existente a nivel de sendeiros.

Arzúa renova a Rota da Fervenza das Hortas

Ao longo dos máis de 20 kms de percorrido, amosa os recunchos máis fermosos do municipio en plena natureza deixando estampas dunha beleza incomparable; comeza no lugar da Fonte Santa e dende aí e sempre á beira do Río Carracedo achegase á coñecida como Costa da Torrente, de 160 metros de lonxitude e un 30% de desnivel; ao final desta pronunciada pendente divísase un inmenso val que abrangue todo o núcleo urbano de Arzúa e núcleos rurais como Lema e Pastoriza; chega a Maroxo atravesando frondosas carballeiras á marxe mesma do río e achégase ata os Muíños de Roque, atravesa a ponte que hai no lugar e vai ata Brandeso, sempre por camiños tradicionais; así chega ata Viñós onde comeza a vislumbrarse o encoro de Portodemouros, a ruta vai ao carón do embalse ao longo duns 500 metros, pasa pola área de descanso e chega ata o Museo do Mel, dende alí sube ao lugar das Hortas e finaliza na fervenza, lugar no que o goberno local fixo un importante traballo de conservación e mantemento que deixa á vista un lugar de beleza sen igual.

Melloras máis destacadas

Un total de 26.869,44 euros vén de investir a concellería de Turismo municipal nun dos lugares máis emblemáticos do roteiro, xusto no final do mesmo, na caída de auga que lle dá nome, a Fervenza das Hortas. Aquí remataron estes días as labores de retiradas das árbores que dado o seu mal estado de conservación impedían un tránsito seguro polo sendeiro; reparouse a baranda que acompaña o descendo á base da cascada e tamén os peldaños da baixada. Procedeuse á limpeza da poza na base da fervenza e acondicionous o tellado do muíño situado ao carón da mesma.

Este proxecto de mellora contempla tamén a colocación de tres paneis informativos, un deles situarase na Fonte Santa, outro no mirador de Maroxo e un terceiro na zona de aparcamento antes de descender á base da fervenza. Está prevista tamén a colocación de 4 bancos e outras tantas papeleiras na contorna así como a completa renovación de toda a sinalización do sendeiro.

A concelleira de Turismo de Arzúa, a socialista Begoña Balado, destacaba esta mañá a importancia desta actuación indicando que “é sumamente importante destinar esforzos e recursos á conservación do noso patrimonio; o roteiro da Fervenza das Hortas percorre, precisamente, algúns dos nosos lugares máis emblemáticos e é a nosa obriga coidalos, acondicionalos e promocionalos para seguir amosando a todos os visitantes a súa grandeza”.

Coa intención de que o roteiro amosara a súa mellor cara xa nestes día de Semana Santa, dende a área de Turismo salientan que nestes días se traballou arreo nas labores de limpeza e desbroce do sendeiro ao longo de todo o seu percorrido. Realizáronse tamén outras actuacións necesarias para que o transcurso por algúns tramos resultase o máis cómodo e seguro para os sendeiristas. Así, explica Begoña Balado, no tramo entre a Fonte Santa e Maroxo creouse unha pasarela con madeira tratada para facilitar o tránsito nun punto no que o firme resulta moi húmido e realizáronse traballos de drenaxe coa mesma finalidade, tamén se procedeu á colocación dun firme de pedra nesta zona. Investíronse nesta finalidade un total de 22.122,19 euros.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email