Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Arzúa recupera o programa de conciliación da vida familiar e laboral XOGARZÚA para este verán

triptico_xogarzua_EXTERIOR_4 triptico_xogarzua_INTERIOR_4

A Concellería de Benestar Social e Igualdade do Concello de Arzúa pon en funcionamento, de novo, o programa Xogarzúa para a conciliación do desenvolvemento persoal e a vida familiar, dirixido a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos.

A finalidade deste programa lúdico – pedagóxico é contribuir ao desenvolvemento físico, sensorial, intelectual, afectivo e social dos menores, partindo dunha metodoloxía activa que fomente a autonomía, a experimentación e o xogo, ao tempo que facilita o desenrolo das súas capacidades e a adquisición progresiva dos hábitos e destrezas propias da súa idade.

Neste verán 2016 o fío conductor do programa Xogarzúa será a investigación de feitos históricos e a resolución de misterios relativos á paleontoloxía, antropoloxía e a arte. Todas as semanas haberá unha saída pola contorna é á piscina municipal.

Xogarzúa iniciarase o 27 de xuño e finalizará o día 2 de setembro. O horario será das 9.30 ás 14 horas. Haberá 30 prazas que se distribuirán en dous grupos: 15 prazas para nenos e nenas de 3 a 7 anos e outras tantas para menores de 8 a 12 anos.

O prazo de inscrición para as familias interesadas  será do 7 ao 16 de xuño; as solicitudes e documentación complementaria poderase recoller no Centro de Información á Muller, situado na Casa do Concello de Arzúa.

Para poder acceder ao programa será requisito necesario que traballe un ou ambos proxenitores, que o neno ou nena estea empadroado no Concello de Arzúa e aportar o xustificante do pago das taxas na correspondente entidade bancaria.

A Concelleira de Benestar Social de Arzúa, Aurora Varela, convida ás familias do municipio a “aproveitar esta oportunidade que ofrecemos para axudar á conciliación da vida familiara e laboral daqueles pais e nais que o precisen, para cubrir o tempo de ocio dos seus fillos e fillas durante as vacacións de verán”.

 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email