Arzúa é terra do queixo destino verde de Galicia paso dos peregrin@s

Arzúa “Plántalle cara á dor”

Arzúa “Plántalle cara á dor”

A Concellería de Benestar Social do Concello de Arzúa en colaboración coa Liga Reumatolóxica Galega organizan un acto o vindeiro luns, 24 de setembro, no Centro Social de Lema con motivo do Mes Internacional de concienciación da dor, que así foi declarado Setembro de 2018 pola plataforma internacional de organizacións de pacientes (IAPO).
Baixo o título de Plántalle cara a dor, unha representación da Liga reumatolóxica galega impartirá unha charla para todos os asistentes nos que darán a coñecer os diversos tipos de enfermedades reumatolóxicas e explicarán as diferentes dores ás que temos que enfrontarnos ao longo da nosa vida.
Esta interesante charla permitirá achegar aos nosos veciños unha importante información sobre unha das doenzas máis comúns no noso país. Será impartida por Lucía Fernández Caamaño, terapeuta ocupacional e José León, xerente da Liga Reumatolóxica Galega.
Dende a Concellería de Benestar Social, a súa responsable Aurora Varela, convida a todos os veciños e veciñas do municipio a asistir a esta iniciativa que “aborda un tema tan complexo como a dor nas súas diferentes vertentes, tratándose dunha cuestión á que plantamos cara de moi diversas formas e que afecta tanto á esfera emocional como á familiar e laboral”.
O acto terá lugar o vindeiro luns, 24 de setembro, no Centro Social Doctor Antonio Martínez de la Riva Labarta, das 6 ás 8 da tarde. A entrada é libre e gratuíta.
Ao remate do acto terá lugar a plantación dunha pequena árbore no entorno do local como forma simbólica de concienciar á sociedade de que a dor é unha realidade que padecen un gran número de persoas e que é a gran descoñecida, porque non se ve.

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp
Share on email
Email
Sede Electrónica
Perfil do Contratante
Portal de Transparencia