Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Arzúa estrea as novas instalacións do parque infantil

 

Arzúa estrea as novas instalacións do parque infantil

 

 

O renovado recinto permitirá desfrutar dun amplo espazo de ocio, con multitude de elementos novos de xogo

As nenas e nenos de Arzúa poderán desfrutar dende este fin de semana das novas instalacións do parque infantil, situado ao carón do Campo da Feira. Así o anunciou esta mesma mañá o alcalde, José Luis García, quen amosou a súa satisfacción por facer realidade un recinto de ocio e xogo que, ademais de cumprir con toda a normativa de seguridade en materia de parques infantís, ofrece unha importante variedade de novos elementos de xogo.

A renovación do parque infantil, o único existente en todo o casco urbano, responde a un compromiso do actual goberno local,- Alternativa por Arzúa e PSdG-, coas veciñas e veciños do municipio  que permitiu non só mellorar a imaxe do recinto senón tamén ampliar a zona de xogos dun espazo moi empregado polas familias  con nenos en idades entre 1 e 12 anos.

Máis de 100.000 euros destinou o goberno municipal en facer realidade un proxecto que foi executado nos últimos tres meses pola empresa Jardincelas, e que supuxo o acondicionamento integral do entorno e a ampliación do mesmo en máis de 250 metros cadrados. Dotouse dun solo blando toda a superficie da área de xogo mediante un pavimento de caucho continuo e colocáronse elementos novos, modernos, cómodos e seguros nunha superficie que abrangue na súa totalidade 725 metros cadrados.

O propio alcalde fixo especial fincapé na relevancia dos parques como espazos de encontro que reportan importantes beneficios para a cidadanía. Engadiu, ademais, que “Arzúa conta agora cun espazo de ocio con todas as garantías e que poñemos a disposición e desfrute de todos os nosos nenos e nenas”.

José Luis García quixo salientar a adicación do seu goberno “non só no mantemento e conservación de espazos senón tamén na súa mellora e ampliación, logrando crear espazos verdes e de ocio para poñelos en valor e que poidan desfrutar deles os veciños e veciñas”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email