Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Arzúa conmemora un ano máis o Día Internacional do Neno con varias actividades.

O Departamento de Cultura e Educación do Concello de Arzúa celebra, un ano máis, o Día Internacional do Neno con varias actividades para o desfrute dos escolares arzuáns.Os nenos e nenas dos centros educativos de Arzúa poderán desfrutar de concertos musicais e didácticos, monicreques e contacontos. As actuacións, organizadas polo Concello de Arzúa, realizaranse en horario lectivo no Recinto Feiral Terra do Queixo e na Casa da Cultura.

A primeira delas será este mércores día 16 para os alumnos de Educación Secundaria que poderán gozar dun concerto didáctico e interactivo combinado con pintura en directo a cargo de Indra Sesti, Estíbaliz e Juan Carlos Vázquez.

O venres día 18 será a quenda para os alumnos de infantil e primeiro e segundo curso de primaria que participarán na representación “O Galo Quirico” da compañía Seisdedos Títeres.

Xa de cara a semana que ven, Talía Teatro ofrecerá un contacontos o mércores 23 para os rapaces e rapazas de terceiro a sexto de primaria e, para finalizar, o xoves

24 os cativos de Educación Infantil bailarán e cantarán ao son de Pablo Díaz e o seu espectáculo “Tic Tac” que pechará as actividades do Mes do Neno.

A Concelleira de Cultura e Educación do Concello de Arzúa, Natalia Pereira Rey, destaca a importancia destas actividades “porque serven para enriquecer culturalmente aos nenos e nenas en horario escolar asegurando así, a participación nas actividades que programamos co fin tamén de facer rir e desfrutar aos máis pequenos da casa pero que representan o noso futuro”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email