Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Arzúa conmemora un ano máis o Día Internacional do Neno con actividades culturais para escolares.

os-tres-tenedores-3

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa celebra, un ano máis, o Día Internacional do Neno con varias actividades culturais para o desfrute dos escolares arzuáns.

Os nenos e nenas dos centros educativos de Arzúa poderán desfrutar de actuacións musicais,contacontos e monicreques organizados polo Concello de Arzúa e que se realizarán en horario lectivo na Casa da Cultura.

A primeira delas será hoxe luns, día 21, para os alumnos de Educación Infantil que poderán gozar dunha representación teatral a cargo da compañía ‘Baobab Teatro’ e o seu espectáculo Contos para un caldiño.

O martes día 22 será a quenda para os alumnos de 1º, 2º e 3º curso de Educación Primaria que participarán no espectáculo Espantallo amigo, unha adaptación teatral desta obra de Neira Vilas a cargo de ‘Os Quinquilláns’.

Outra proposta destinada aos escolares de 4º, 5º e 6º de Primaria terá lugar o mércores 23. O espectáculo musical e teatral O ritmo do camiño virá da man da compañía ‘A Tropa de Trapo’.

E, por último, o xoves 24, os mozos e mozas da ESO pecharán este programa de actuacións co grupo ‘The Lollipos & piano’ e o seu recital de música vocal.

Todas as actuacións serán ás once e media da mañá na Casa da Cultura.

 

 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email