Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Arzúa celebrará en maio a terceira Feira de Artigos de Segunda Man e Artesanía

Cartel ARZÚA VENDE 2014 Xeral

O Concello de Arzúa organiza para o sábado, 24 de maio, a terceira feira de artigos de segunda man e artesanía.

A cita, que leva o nome de ‘Arzúa Vende’, volve este ano despois do éxito de participación e de vendas acadado no 2012 e 2013. O evento consolídase como un gran espazo de compra e venda de artigos de segunda man e obxectos de artesanía. Para esta edición confírmanse importantes novidades como actuacións de música e maxia de alto nivel. A fadista Maria do Ceo e o mago Chrystyan Magic estarán presentes na terceira edición. A feira contará de novo con tres zonas: artigos de segunda man, artesanía e roupa, calzado e complementos.

A cita manterá o horario de once da mañá a oito do serán, realizarase no Recinto Feiral Terra do Queixo e ofertará actividades e servizos complementarios como obradoiros, exposicións, sorteos e actividades infantís. Ademais, cabe salientar que, de novo, tanto as inscricións para expositores como a entrada ao público e participación nas actividades serán de balde.

  • Para poder reservar un posto e vender é obrigatorio anotarse previamente no Departamento de Cultura do Concello de Arzúa ou chamando aos teléfonos 981 500 222 ou 981 815 297 do 22 de abril ao 14 de maio.

Dende a organización, aproveitan para informar que nas vindeiras semanas darase a coñecer toda a programación da feira.

DESCARGAR FICHA DE INSCRICIÓN

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email