Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Arzúa celebra hoxe os festivais de fin de curso do Conservatorio, Escola de Música e programa Cascarón

Arzúa celebra hoxe os festivais de fin de curso do Conservatorio, Escola de Música e programa Cascarón

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa que hoxe se celebrarán dous festivais de fin de curso para clausurar o actual período escolar.

Por unha parte, no salón de actos da Casa da Cultura ás oito e media do serán celebraráse o concerto de fin de curso da Escola Municipal de Música e do Conservatorio de Arzúa. Actuarán arredor de 70 alumnos e 7 profesores, conformando distintas formacións musicáis. Polo tanto, poderemos desfrutar da Orquestra de corda do Conservatorio, do Coro infantil e xuvenil do Conservatorio, da Banda de Música do Conservatorio e de varias formacións de música moderna, jazz e folk da Escola de Música.

Por outra banda, o Recinto Feiral “Terra do Queixo” acolle o festival de clausura do chamado programa “Cascarón”. Un programa de actividades fóra de horario escolar que promove o Concello de Arzúa e que pretende mellorar a apertura dos centros escolares en horario non lectivo e reducir o abandono escolar. Os participantes deste proxecto poñerán hoxe en escea un exemplo do traballo que realizan, xa por segundo ano consecutivo, todos os martes e xoves no colexio público. O acto terá lugar ás sete e media.

Cabe sinalar que ambas as dúas actividades teñen a entrada libre para todos os veciños e veciñas que queiran asistir e presenciar os froitos dunha forte aposta do Concello por manter estes proxectos culturais e educativos ano tras ano.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email