Arzúa é terra do queixo destino verde de Galicia paso dos peregrin@s

Arzúa acolleu a Feira de Capóns de Nadal máis concurrida dos últimos anos

Arzúa celebrou este domingo a súa tradicional feira de capóns de Nadal e acolleu no recinto feiral “Terra do Queixo” máis exemplares ca nunca, ao redor duns 200.

Aínda que as vendas comezaron tarde, o certo é que contra o medio día xa eran poucos os galos e capóns que quedaban sen vender, o prezo oscilaba ao redor de 120 euros a parella de capóns cebados e de galos vivos, aínda que nesta última categoría houbo grandes diferencias entre os prezos que os diversos productores puxeron a cada un dos seus exemplares.

O Concello de Arzúa, organizador do evento, amenizou a xornada coa actuación do grupo de gaitas Castro Curbín e repartiu premios entre os propietarios dos exemplares seleccionados polo xurado do certame, formado polo veterinario Jesús García Rodríguez e a Técnica Municipal da Oficina de Información ao Consumidor, Malena Vaamonde.

Os premiados repartíronse en tres categorías: galos piñeiros, capóns cebados e galos vivos.

Entre os primeiros, galos piñeiros, resultaron gañadores as seguintes persoas:

1º Luis Magallán Curras de Melide.

2º Irene Salvado Martínez de O Pino.

3º Carlos González  Ravina, tamén de O Pino.

Na categoría de capóns cebados os premios recaeron en:

1º Marisa Penas Vázquez, de Ribadiso.

2º Carmen García Carreira, de Seixas, na parroquia de Santa María.

3º María Ester Mosteiro González, de San Martiño dos Leiros, no Concello de Toques.

Tamén houbo premios para a categoría de galos vivos, nesta ocasión os premiados foron:

1º Juan Manuel Vázquez Caridad, de Melide.

2º Francisco Becerra Mallo, do concello de Trazo.

3º Alberto Aller Conde, de Pantiñobre.

Os primeiros premios estaban dotados de 200 euros, 125 euros os segundos e 75 os terceiros.

O alcalde de Arzúa, José Luis García, agradecía esta mañá a “importante participación dos veciños e veciñas que no día de onte se achegaron ao recinto feiral para vender ou mercar este produto estrela das festa do Nadal facendo deste edición a máis concurrida dos últimos anos”.

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp
Share on email
Email
Sede Electrónica
Perfil do Contratante
Portal de Transparencia