Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Arzúa acollerá unha charla obradoiro sobre a stevia e a cabaza

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa da celebración dunha charla-taller coa que se pretende dar aos veciños e veciñas a posibilidade de descubrir o potencial nutricional e culinario da stevia e da cabaza.

A actividade será impartida pola bióloga Silvia Méndez o martes 21 de maio ás catro da tarde no primeiro andar do recinto feiral “Terra do Queixo”.

Falarase da stevia como edulcorante natural e como reductor da ansiedade, ademais de como se pode conseguir, consumir ou, incluso, cultivar.

Tamén se amosarán as boas propiedades da cabaza como as vitaminas e minerais que contén ou o beneficiosa que é para regular o azucre.

Haberá unha degustación final e un sorteo de dúas prantas de stevia adultas.

Para participar é necesario anotarse previamente no Departamento de Cultura (teléfono 981 500 222) antes do día 17. A inscrición e gratuíta e as prazas son limitadas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email