Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

APROBACIÓN DO PLAN DE ACCIÓN PARA O CLIMA E A ENERXÍA SOSTIBLE (PACES)

APROBACIÓN DO PLAN DE ACCIÓN PARA O CLIMA E A ENERXÍA SOSTIBLE (PACES) O Concello de Arzúa aprobou hoxe en pleno o Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible (PACES) comprometéndose voluntariamente con este acto, a aplicar os obxectivos climáticos e enerxéticos da Unión europea no seu territorio co fin de reducir as emisións de CO2 e a aumentar a súa resistencia aos impactos do cambio climático.

Este proxecto do Pacto das Alcaldías polo clima e a enerxía sostible está a ter moi boa acollida en Galicia, onde xa son 275 os concellos implicados nas súas diferentes fases. Todos eles asumen os obxectivos adoptados pola Unión Europea para frear o cambio climático, que consisten na adopción das medidas necesarias para reducir, en 2030, un 40% de emisións de CO2, unha mellora da eficiencia e un aumento no uso das enerxías renovable.

Este obxectivo plenamente cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da ONU, abordando tres cuestións fundamentais como a desaceleración do cambio climático, a adaptación aos efectos negativos desta evolución climática e do consumo de enerxías limpas e sostibles.

O proxecto levado a cabo polo Concello durante estes meses foi desenvolvido ao abeiro da subvención concedida para a elaboración do Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible (PACES), operación cofinanciada pola Unión Europea, a través do FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL (FEDER) e co apoio financeiro da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email