Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Apertura do prazo de contrataci​ón da Rede Cultural 2014

deputacion

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa que o xoves día 6 de febreiro saía  publicado no Boletín Oficial da Provincia número 25 o anuncio da apertura do prazo para solicitar as actuacións dos grupos que forman parte da Rede Cultural da Deputación.

Desta xeito, as asociacións da provincia que se queiran sumar a esta iniciativa deberán presentar as solicitudes entre os días 7 e 26 de febreiro.

Todos os datos das agrupacións artísticas que participan nesta nova edición da Rede Cultural poden consultarse na páxina web da Deputación (www.dicoruna.es).

Poderán solicitar UN GRUPO da categoría: XXXI Programa de música e teatro para grupos non profesionais (bandas de música ou gaitas, corais, orquestras, intérpretes solistas, danza ou artes escénicas).

As entidades sen ánimo de lucro como, por exemplo, as asociacións deberán facer fronte á metade do gasto pola contratación do espectáculo solcitado, mentres que a outra parte correrá a cargo da Deputación da Coruña. Poden informarse e conseguir os impresos achegándose ás instalacións municipais do Departamento de Cultura ou chamar ao 981 500 222 ou tamén consultar na páxina web da Deputación Provincial.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email