Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Actividades nas feiras de setembro, outubro e novembro

Arzúa continuará dinamizando as feiras dos días 8 e 22 durante os vindeiros meses

Actividades infantís, actuacións musicais e animación de rúa  serán os principais alicientes para a promoción quincenal da feira

O Concello de Arzúa continúa desenvolvendo o plan de promoción e dinamización das feiras quincenais dos días oito e vinte e dous. Para os meses de setembro, outubro e novembro as propostas centraranse en actividades infantís, actuacións musicais e animación de rúa, para todos os públicos.

A actividade máis próxima terá lugar o vindeiro día 8 de setembro; se o tempo acompaña instalarase na Praza de Galica un parque de inchables e actividades deportivas para os máis pequenos da casa, que aínda están de vacacións. Será durante a mañá e totalmente de balde.

A charanga ‘BB+’ e o espectáculo itinerante titulado ‘Unha de medo’ animarán os mercados de outubro e novembro.

Este programa de dinamización, que leva por nome ‘Ven ás feiras do 8 e 22’, deu comezo no mes de xuño coa realización de actividades de animación e coa defusión do mesmo a través de diversos medios publicitarios co fin de reactivar estes mercados tradicionais e impulsar a economía local.

Esta nova iniciativa, enmarcada no Plan de Promoción e Dinamización das feiras do 8 e 22 de Arzúa, pretende poñer en valor o mercado tradicional que reúne durante todo o ano a veciños e veciñas e atrae a numerosos visitantes favorecendo ao tecido empresarial da vila.

Nas vindeiras datas, o concello seguirá coa promoción das feiras a través de cartelería, folletos e outros soportes publicitarios nas inmediacións do propio recinto feiral e coa difusión na web municipal, radio local, redes sociais e prensa.

O obxectivo tamén é dinamizar a vila con actividades variadas que poidan atraer a máis público e lograr que as persoas que nos visiten permanezan durante máis tempo en Arzúa e aproveiten, como se pretende con este plan, para facer outras mercas e quedar a xantar.

 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email