Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Actividades Municipais 2018-2019

O Concello de Arzúa presenta a oferta de actividades municipais para o novo curso cun total dezaséis modalidades culturais, deportivas e educativas para todos os veciños e veciñas.

O Concello de Arzúa presenta o programa de actividades municipais para o curso 2018-2019 cunha ampla oferta de actividades deportivas, culturais e educativas dirixidas a todos os públicos e que amplía a oferta por terceiro ano consecutivo.
Por unha banda, e por quinto curso consecutivo, o Departamento de Cultura continúa co Obradoiro Municipal de Danza que impartirá as modalidades de Ballet Clásico e Danza Moderna dende os 5 anos nas tardes dos xoves e Bailes de Salón para persoas de 18 anos en diante os mércores para iniciación e os xoves o nivel avanzado. Tamén continúan un ano máis as clases de Robótica para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos e de Pintura para maiores de idade.
Por outra banda, dende o Departamento de Deportes cotinúan apostando polas diferentes modalidades deportivas que veñen alcanzando un alto éxito de participación e satisfacción nos últimos anos. Así, este departamento municipal ofertará de novo Ximnasia para a terceira idade a partir dos 60 anos, Ioga para maiores de idade, e Tenis e Patinaxe a partir dos cinco anos. Ademais, desde Deportes continúan por terceiro curso consecutivo apostando pola exitosa actividade de Zumba.
Para as disciplinas culturais e deportivas, as sesións comezarán no mes de outubro e o prazo de inscrición abrirase o 14 de setembro para as deportivas e o 17 deste mes para as culturais. Os anotamentos formalizaranse presencialmente na oficina de Cultura e Deportes. Poden solicitar máis información no teléfono 981 500 222.
Por outro lado, a Aula CeMIT manterá as clases de informática para os alumnos e alumnas dos centros educativos nas tardes dos martes, mércores e xoves totalmente de balde. O prazo de inscrición para esta actividade abrirase este venres, 14 de setembro na propia Aula CeMIT. Para ampliar información, poden poñerse en contacto coa aula no teléfono 981 500 447.
E, por último, a oferta de actividades complétase coas distintas modalidades educativas que se imparten dende a Aula de Educación de Adultos do Concello. As propostas formativas son Graduado ESO, Preparación das probas de acceso aos ciclos de grao medio e superior de FP, Preparación das competencias clave, Bacharelato a distancia e Obradoiro de memoria e estimulación cognitiva. Poden achegarse a Aula de Educación de Adultos situada no primeiro andar do Multiusos Terra do Queixo en horario de tarde. Para estas ensinanzas a matrícula está aberta todo o ano dende o 1 de setembro.

Podes descargar en pdf o folleto con toda a información de datas, prezos, horarios, etc. https://arzua.gal/wp-content/uploads/2018/09/Folleto-Actividades-Municipais-2018-19-Concello-de-Arzúa.pdf

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email