Arzúa é terra do queixo destino verde de Galicia paso dos peregrin@s

Actividades municipais 2015-2016 (Cultura, Deportes e Educación)

prego clausulas administrativas

prego de prescricions tecnicas

Anuncio

Anuncio DOGA de data 6 de agosto de 2015 (Data publicación na pax. web 10-08-2015)

Anuncio publicado BOP con data 10 de agosto de 2015 (Data publicación na páx. web 10-08-2015)

 
Cartel Actividades Municipais 2015-16 Concello de Arzúa

O Concello de Arzúa presenta a oferta de actividades municipais para o novo curso.

O Concello ofrece trece modalidades culturais, deportivas e educativas para todos os veciños e veciñas.

 

O Concello de Arzúa presenta o programa de actividades municipais para o curso 2015-2016 cunha ampla oferta de actividades deportivas, culturais e educativas dirixidas a todos os públicos.

Por unha banda, e por segundo curso consecutivo, o Departamento de Cultura continúa co Obradoiro Municipal de Danza que impartirá nas tardes dos xoves as modalidades de Ballet Clásico e Danza Moderna e Hip Hop dende os 5 anos e Bailes de Salón para persoas de 18 anos en diante. As sesións comezarán no mes de outubro e o prazo de inscrición abrirase do 15 ao 30 de setembro no Departamento de Cultura. Poden solicitar máis información no teléfono 981 500 222 ou no correo electrónico cultura@arzua.gal.

Por outra banda, dende a Concellaría de Deportes cotinúan apostando polas diferentes modalidades deportivas que veñen alcanzando un alto éxito de participación e satisfacción nos últimos anos. Así, este departamento municipal ofertará de novo Ximnasia para a terceira idade a partir dos 60 anos, Ioga para maiores de idade, e Tenis e Patinaxe para os nados e nadas a partires do ano 2010. O prazo de inscrición tamén estará aberto do 15 ao 30 de setembro na oficina de Deportes, na Casa do Concello, onde tamén poñen a disposición dos interesados e interesadas para informarse o teléfono 981 500 000 extensión 114 e o correo electrónico luis.otero@arzua.dicoruna.es.

E, por último, a oferta de actividades complétase coas distintas modalidades educativas que se imparten dende a Aula de Educación de Adultos do Concello. As propostas formativas son Alfabetización, Graduado en E.S.O., Preparación das probas de acceso aos ciclos de grao medio e superior de F.P., Preparación das competencias clave e Bacharelato a distancia. Poden achegarse a Aula de Educación de Adultos situada no primeiro andar do Recinto Feiral Terra do Queixo en horario de tarde ou chamar ao 981 500 222. Para estas ensinanzas a matrícula está aberta todo o ano dende o 1 de setembro.

Poden conseguir máis información a cerca de horarios, prezos, calendario, etc. descargando o seguinte arquivo:

Folleto actividades municipais 2015-16

 

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp
Share on email
Email
Sede Electrónica
Perfil do Contratante
Portal de Transparencia