Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Arzúa presenta o programa de actividades con motivo do 25N

A área de Igualdade do concello de Arzúa, dende o CIM, ten preparadas diversas actividades con motivo da conmemoración do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, que se celebra este xoves 25 de novembro.

Mediante o desenvolvemento de talleres, charlas e coloquios o departamento que neste lexislatura dirixe o alcalde, José Luis García, deseñou unha programación destinada especialmente á xente moza e que tratará de sensibilizar na loita contra a lacra da violencia de xénero.

Conscientes de que as mulleres son as principais vítimas de acoso, extorsión, espionaxe cibernético e outras formas de agresión que se producen a través das novas tecnoloxías, dende a área de Igualdade Municipal organizouse para estes días unha charla sobre ciberseguridade que se impartirá no IES de Arzúa. Desenvolverase ao longo de dúas sesións, dirixida aos alumnos e alumnas de primeiro e segundo de Formación Profesional Básica.
De feito, a violencia de xénero dixital medrou á par do desenvolvemento das novas tecnoloxías; a pandemia ocasionada pola covid-19 no último ano e medio non fixo máis que multiplicar os actos de agresións perpetrados mediante o correo electrónico, os sistemas de mensaxería ou as redes sociais. Persoal técnico da área de Igualdade Municipal salienta que “as mulleres a nivel mundial teñen moitas máis probabilidades de ser atacadas en internet ca os homes. As agresións no ámbito tecnolóxico dirixidas a mulleres son máis comúns e dun carácter máis violento”. Sinalan, ademais, que os expertos en ciberseguridade admiten que esta problemática cobrará maior relevancia afectando especialmene ás adolescentes.
Para tratar de previlo, o coloquio sobre ciberseguridade que se impartirá aos escolares arzuáns irá acompañado da presentación dunha guía sobre prevención e acción contra os perigos da rede.

No mesmo centro educativo terá lugar unha charla-coloquio con Ana Saavedra, membro da Asociación Mirabal, que, dende a súa experiencia como vítima de violencia de xénero, falará sobre a importancia da detección e prevención da violencia.

Os alumnos de primeiro da ESO participarán, ao longo de cinco sesións, na realización de talleres de Rap cunha temática común, a loita incansable contra a violencia de xénero dende o ámbito educativo e social.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email