Arzúa é terra do queixo destino verde de Galicia paso dos peregrin@s

Actividade de conciliación para Semana Santa «Días de Lecer»

Arzúa conciliará en Semana Santa cun programa de lecer para as familias

A Concellería de Benestar Social de Arzúa organiza unha nova actividade de conciliación para Semana Santa, baixo o título de Días de Lecer o departamento que dirixe a edil Aurora Varela ofrecerá a todas as familias do municipio un lugar onde os rapaces e rapazas que participen establezan relación interpersoais a través da convivencia, a realización de actividades e o crecemento persoal.
Días de Lecer en Arzúa terá lugar os días 26, 27 e 28 de marzo en horario de 9.30 a 2 do mediodía no Recinto Feiral Terra do Queixo. Nel poderán participar nenos e nenas con idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos.
As familias interesadas en participar deberán facer unha inscrición previa nas oficinas municipais do Concello, entre os días 13 ao 16 de marzo (ambos inclusive) entre as 10 e as 13 horas.
Días de Lecer é unha alternativa de conciliación que dende o Concello de Arzúa se ofrece ás familias do municipio coa intención de facilitarlles o desenvolvemento da súa vida diaria nunhas datas especiais. Trátase de buscar un espazo no que se participe, se goze, se valoren outras alternativas de diversión, onde se ensine, se aprenda…; un lugar para o intercambio mutuo e onde se valoren as emocións, a igualdade, a solidariedade…
Aurora Varela, concelleira do departamento que promove esta iniciativa, sinalaba esta mañá que “procuramos que estes días de lecer ademais de entreter sexan un revulsivo para o fomento de valores tan importantes como a amizade, a liberdade ou a igualdade”.
Entre as actividades que se levarán a cabo nesta iniciativa e que a bo seguro resultarán do interese dos nenos e nenas, salientamos as seguintes: mural das emocións, acertixos, xogos predeportivos, pulseiras da amizade, árbore da vida, bailes, xincana das emocións, colgantes para a paz e o tren da solidariedade.
Aurora Varela convida ás familias do municipio a participar neste proxeto que “de seguro potenciará a súa creatividade, a iniciativa e a autoestima persoal mediante actividades baseadas na participación, na imaxinación, na igualdade, no respeto, no xogo e a formulación de retos persoais, buscando a integración de todos os nenos e nenas nunha dinámica positiva de aprendizaxe, diversión e creación”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email