Arzúa é terra do queixo destino verde de Galicia paso dos peregrin@s

Ábrese a convocatoria para participar no Día do Comercio Local 2018

Ábrese a convocatoria para participar no Día do Comercio Local 2018

O Concello de Arzúa promocionará o comercio e a hostalaría local cunha xornada chea de actividades dinamizadoras.

O Concello de Arzúa organiza o sexto Día do Comcercio Local o vindeiro sábado, oito de decembro.
Con esta cita preténdese continuar con este proxecto posto en marcha coa finalidade de promocionar o comercio e a hostalaría do municipio.
Aproveitando a proximidade da campaña de Nadal e a feira quincenal, organizarase unha xornada con actividades, promocións e animación de rúa.
Para poder deseñar unha proposta atractiva para o público en xeral, o Concello pide a colaboración, por un lado, do comercio para que ese día ofrezan descontos, vales de merca, agasallos ou outras promocións.
E, por outro lado, animan aos locais hostaleiros a que se involucren nunha ruta de tapas para promocionar a gastronomía e os produtos de calidade da zona, así como, ao mesmo tempo, os nosos restaurantes, bares e cafeterías.
Como nas anteriores edicións, dende o Concello de Arzúa difundirase o evento, programaranse actividades complementarias e elaboraranse programas de man e cartelería con toda a información das actividadades e das propostas que os locais comerciais e hostaleiros vaian definindo.
Os empresarios e empresarias interesados en participar deberanse anotar no Departamento de Cultura do Concello de Arzúa ou chamando ao teléfono 981 500 222 entre o 23 de outubro e o 8 de novembro. A inscrición é gratuíta.

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp
Share on email
Email
Sede Electrónica
Perfil do Contratante
Portal de Transparencia