Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

ABRE O PRAZO DO CONCURSO DE CARTEIS FESTA DO QUEIXO 2019

ABRE O PRAZO DO CONCURSO DE CARTEIS FESTA DO QUEIXO 2019

ABRE O PRAZO DO CONCURSO DE CARTEIS FESTA DO QUEIXO 2019. 1.000 euros en premios e moreas de agasallos!

O Concello de Arzúa convoca o Concurso de Carteis da 44ª Festa do Queixo, Arzúa 2019. O certame outorgará 4 PREMIOS EN METÁLICO, cunha dotación económica de 600€, 300€ e 100€ para o 1º, 2º e 3º, respectivamente. Tamén, un 4º premio elixido por votación popular, que levará un agasallo especial.

Ademais dos premios en metálico, haberá diferentes lotes de agasallos para os gañadores. Aos de fins semana, xantares en aloxamentos de turismo rural, e queixos D.O.P. Arzúa-Ulloa, súmanse queixeiras e pratos de Sargadelos, camisetas, mandís, memorias USB, libretas, paraugas, mochilas, gorras, fundas para tablet, smartphone, etc. Todos os carteis finalistas -que reciban algún punto do xurado- levarán tamén un queixo D.O.P. Arzúa-Ulloa.

A DATA LÍMITE para presentación de orixinais é o 10 de DECEMBRO de 2018. O luns 17 de decembro coñeceremos ao gañador/a e premiados/as.

Agardamos recibir en Arzúa un feixe de propostas en diferentes técnicas e alimentadas da maior creatividade

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email